España

O Goberno valenciano aproba un convenio coa Universidade de Valencia para o funcionamento da Cátedra de Dereitos Lingüísticos

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte asinará un acordo de colaboración coa Universidade de Valencia para o funcionamento da Cátedra de Dereitos Lingüísticos polo que achegará 80 000 euros.

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

O Concello de Elgoibar convoca axudas para dar continuidade á promoción do éuscaro

O Concello de Elgoibar comunicou as subvencións para o ano 2020, que inclúen axudas para a aprendizaxe do éuscaro e para o fomento da presenza desta lingua en establecementos comerciais, así como o seu uso no ámbito empresarial.  

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Xa está dispoñible na rede o documental 'El valir económicu d'una llingua'

O documental El valir económicu d'una llingua presenta o asturiano como un elemento de dinamización empresarial, así como de creación de empresas e de xeración de emprego e riqueza.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Un vídeo co himno do Athletic Club serve como lección para aprender éuscaro

Beñat Erezuma, profesor de Tecnoloxía, puxo en marcha hai uns anos a canle de YouTube “Euskara Satorra: aprender euskera con vídeos” que conta con arredor de 17 000 subscritores. Agora ofrece unha das súas leccións a través do himno do Athletic Club nun vídeo no que traduce e explica  a súa letra.

Fonte: El Desmarque

País Vasco

Publícanse as bases reguladoras dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán de Aragón

O Boletín Oficial de Aragón publicou a orde pola que se establecen as bases reguladoras dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán.

Fonte: Iustel

Aragón

O Goberno vasco pon en marcha o programa Berdintzen que permitirá a realización de investigacións sobre éuscaro e xénero

Garbiñe Bereziatua, Beñat Muguruza, Onintza Legorburu e Nekane Goikoetxea realizarán investigacións sobre éuscaro e xénero no marco da primeira edición do programa Berdintzen, impulsado polo Goberno vasco.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

As persoas xordas de Cataluña solicítanlle á Generalitat intérpretes de lingua de signos nas comunicacións institucionais

A Federación de Persoas Xordas de Cataluña (Fesoca) demanda a presenza de intérpretes de lingua de signos catalá nas comunicacións institucionais que fai o Goberno da Generalitat en relación co coronavirus.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno de Cataluña expresa a súa desconformidade coa ausencia do catalán na nova plataforma de Disney

A directora xeral de Política Lingüística expresou a súa desconformidade coa ausencia do catalán na oferta inicial da nova plataforma de contidos en liña de Disney e instou a compañía a que continúe coa súa aposta por esta lingua como viña facendo nos últimos anos.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Club Hiru3 ofrece actividades e contidos en éuscaro para os máis pequenos durante o confinamento

Co obxectivo de facerlles máis divertidos ás nenas e aos nenos os días de confinamento, o Club Hiru3 ofrece diversas actividades e contidos en éuscaro, como vídeos, dinámicas participativas,  debuxos animados e series etc.

Fonte: EITB

País Vasco

A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca organiza un concurso sobre lingua e literatura en catalán nas redes sociais

Co obxectivo de ofrecer un entretemento intelectual durante o confinamento por mor do coronavirus, o Consell de Mallorca convoca un concurso nas súas redes sociais sobre lingua e literatura en catalán.  

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder