España

O Goberno balear presenta unha campaña para compartir palabras en catalán a través das redes sociais o día de San Jordi

«Per Sant Jordi, una paraula!» é unha iniciativa participativa coa que o Goberno balear pretende que a cidadanía comparta palabras en catalán a través das redes sociais o 23 de abril, día de San Jordi, co cancelo #parauladesantjordi.

Fonte: Govern Illes Balears

Illas Baleares

O tradutor neuronal do Goberno vasco bate récords de traducións no mes de marzo

O tradutor neuronal Itzuli rexistrou en marzo os mellores datos de uso desde a súa posta en marcha, ao alcanzar as 4 757 801 traducións, case o dobre que no mes anterior. O 56 % destas foi de castelán a éuscaro e o 44 % restante, de éuscaro a castelán.

Fonte: Gasteiz Berri

País Vasco

A Deputación de Valencia crea unhas postais para aprender vocabulario en valenciano da Semana Santa e a Pascua

A Unidade de Normalización Lingüística creou un vocabulario de Semana Santa e de Pascua en formato de postais para aprender léxico en valenciano. As devanditas postais difundiranse a través das redes sociais desta institución provincial.

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana pon en marcha #SempreTeuaACasa con doce propostas lúdicas en valenciano para Pascua

#SempreTeuaACasa consta de 12 videopropostas en valenciano para todas as idades para vivir a Pascua en familia durante o confinamento. Esta canle inclúe numerosas actividades de lecer entre as que se atopan compoñer un rap, facer monicreques, cociñar, crear unha obra de teatro ou bailar danzas tradicionais valencianas.

Fonte: Novelda Digital

Comunidade Valenciana

RTVE abre a porta a recuperar os titulares en éuscaro

A administradora única de RTVE defende a actitude de respecto do ente público coas linguas oficiais do Estado e abre a porta a recuperar os titulares en éuscaro para os informativos vascos, unha ausencia que xustifica polo escaso dominio do seu persoal para emitir a programación nesta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco aproba unha convocatoria de axudas destinada a proxectos de impulso do éuscaro no contorno dixital

O Goberno vasco destinará 450 000 euros a esta liña de axudas que conta con dúas modalidades: proxectos non comerciais de contidos en internet unicamente en éuscaro e versións en éuscaro de proxectos non comerciais que usen, ademais desta lingua, outros idiomas.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno vasco aproba unha convocatoria de axudas destinada a proxectos de normalización do éuscaro na vida social

O Goberno vasco destinará 979 000 euros á convocatoria de axudas Euskalgintza, unhas axudas que están dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento e normalización do éuscaro na vida social.

Fonte: 20minutos

País Vasco

A Universidade Politécnica de Valencia ofrece cursos gratuítos para aprender valenciano desde casa

Os cursos de autoaprendizaxe en liña que ofrece a Universidade Politécnica de Valencia son gratuítos e van desde o nivel elemental ata o superior. Ademais, desde a súa web, poñen á disposición da cidadanía diferentes recursos para aprender e mellorar os coñecementos de valenciano.  

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

O Goberno de Mallorca crea stickers en WhatsApp para fomentar o catalán

A nova campaña de dinamización lingüística consta de sesenta stickers para impulsar o catalán a través do WhatsApp, que conteñen motivos divertidos con expresións e palabras que se utilizan habitualmente nas conversas desta rede social.

Fonte: Consell de Mallorca

Illas Baleares

O Estado insta o Goberno de Cantabria a impulsar o cántabro na formación lingüística

O Goberno de Cantabria debe traballar para que o cántabro forme parte da formación lingüística, tanto no currículo formativo do alumnado como nas escolas oficiais de idiomas.

Fonte: El Diario de Cantabria

Cantabria

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder