España
A Generalitat de Cataluña abre o prazo para inscribirse no Censo de entidades de fomento da lingua catalá
O Goberno de Cataluña abriu o prazo para inscribirse ou renovar a inscrición no Censo de entidades de fomento da lingua catalá, dependente da Dirección Xeral de Política Lingüística, para o que será necesario presentar unha memoria sobre as actividades levadas a cabo durante 2019.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Cataluña promoverá o catalán entre a comunidade musulmá
A Generalitat vén de asinar un convenio coa Unión de Comunidades Islámicas de Cataluña por valor de 10 000 euros para o fomento do coñecemento e uso da lingua catalá entre as comunidades islámicas que residen nesta comunidade.
Fonte: Mundo Islam
Docentes das Baleares emiten un manifesto en defensa do catalán como lingua vehicular no sistema educativo

O manifesto suma apoios nas redes sociais para reclamar o catalán como lingua vehicular e de aprendizaxe nas illas fronte ao modelo proposto no anteproxecto da lei de educación.
Fonte: Setmanari Sóller
A Generalitat Valenciana incrementa o investimento para os intercambios de valenciano entre centros educativos
O programa de intercambios escolares busca favorecer a cohesión lingüística para o que os centros públicos con maioría de alumnado falante de valenciano estableza vínculos e comparta proxectos cos de zonas castelanfalantes.
Fonte: Levante EMV
O Consello Social da Lingua Catalá aproba os últimos ditames dos informes de política lingüística de 2016 e 2017

A Comisión Permanente do Consello Social da Lingua Catalá aprobou os últimos ditames dos informes de política lingüística dos anos 2016 e 2017, en cuxas conclusións se propón un gran pacto para o uso social do catalá.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Concellos e mancomunidades de Biscaia recibirán da Deputación Foral axudas para o fomento do éuscaro
En total, neste 2020 destinarase unha partida de 800 000 euros a subvencionar actividades de concellos, organismos autónomos municipais e mancomunidades dirixidas á promoción, difusión ou normalización do uso do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
Xa está aberto o prazo da votación para escoller a mellor nova de 2019 para a lingua asturiana
Esta votación ten como obxectivo que a cidadanía coñeza as novas publicadas sobre o asturiano durante o 2019, que cada ano crecen en número, así como facer un repaso aos principais temas tratados, o que evidencia o traballo realizado por Iniciativa polo Asturiano.
Fonte: Infoasturies
A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca estrea unha web para promover un uso correcto do catalán

A web llenguamallorca.cat recolle ferramentas que axudan a facer un uso correcto da lingua catalá, así como información sobre dereitos lingüísticos e posibles iniciativas que se desenvolvan en materia de dinamización e promoción do catalán na illa.
Fonte: Diario de Marratxi
A Deputación de Biscaia destinará subvencións a persoas xurídicas sen ánimo de lucro que fomenten o uso do éuscaro
En total destinaranse 1 060 000 euros a subvencionar persoas xurídicas sen ánimo de lucro que realicen actividades de promoción, difusión ou normalización do uso do éuscaro en 2020.
Fonte: La Vanguardia
Publícase o primeiro manual sobre sintaxe xenerativa en catalán
Elements de sintaxi generativa, publicado pola Universidade Oberta de Cataluña (UOC), é obra do profesor Jordi Fortuny Andreu e supón o primeiro manual sobre sintaxe xenerativa en lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín