España

O Tribunal Administrativo de Navarra anula a esixencia de éuscaro como requisito para varios postos no Concello de Berrioplano

Un xulgado de Pamplona desestimou o recurso presentado polo Concello de Berrioplano contra a resolución do Tribunal Administrativo de Navarra que anulou a exixencia de éuscaro como requisito para acceder a varios postos do cadro de persoal en 2018.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Incorporan vocabulario LGTBI ao Dicionario normativo valenciano

A Academia Valenciana da Lingua incorporou á edición dixital do seu dicionario un conxunto de palabras propostas polo colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI).

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Universidade do País Vasco pon en marcha o mestrado "Adquisición, xestión e prácticas lingüísticas do éuscaro no século XXI"

A Universidade do País Vasco, en colaboración co Goberno desta comunidade, lanzou un novo mestrado co obxectivo de ofrecer unha formación específica sobre os novos coñecementos e metodoloxías que xurdiron nos últimos anos no proceso de revitalización do éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Generalitat de Cataluña promove a lingua catalá en proxectos europeos de investigación

Varios proxectos europeos de investigación en materia sociolingüística e relacionados co tecnoloxías da lingua reciben o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Piden unha reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias para oficializar o asturiano e o galego-asturiano

Co gallo da celebración do Día das Letras Asturianas, un deputado de Podemos insistiu na necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía do Principado para declarar a oficialidade do asturiano e o galego-asturiano.

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

A Generalitat de Cataluña impulsa a dobraxe e os subtítulos en catalán

O Departamento de Cultura destinará unha dotación orzamentaria dun millón de euros á convocatoria de axudas para promover a dobraxe e os subtítulos en catalán de series e películas en plataformas de vídeo, Blu-ray e DVD, dirixidas a empresas distribuidoras e a estudios de dobraxe.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Ponse en marcha unha campaña para reivindicar a oficialidade do catalán na Unión Europea

Plataforma per la Llengua puxo en marcha unha campaña para reivindicar a oficialidade do catalán na Unión Europea. Para facer visible esta reivindicación, a organización pide a redacción de mensaxes en Twitter con contido relacionado coa defensa dos dereitos lingüísticos cos cancelos #NoOfficialNoExist e #DiadEuropa".

Fonte: E-Notícies

Cataluña

O Concello de Valencia impulsa unha iniciativa para promover a música en valenciano

O Concello de Valencia, a través do seu Gabinete de Normalización Lingüística, creou varias listas de reprodución en Spotify con cancións en valenciano. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a variedade musical existente a día de hoxe nesta lingua.  

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

A Deputación Foral de Biscaia inicia un proxecto para que o seu persoal aprenda éuscaro de xeito telemático

O programa Berbanet ten como obxectivo que o persoal que traballa nos diferentes departamentos da Deputación Foral de Biscaia mellore a fluidez, supere medos e afiance o costume de falar en éuscaro no ámbito laboral.

Fonte: BizkaiaGaur

País Vasco

Máis de 200 alumnas e alumnos participaron xa no programa de prácticas no centro de traballo en éuscaro

O alumnado dos ciclos de grao medio e superior da comarca de Oarsoaldea ten a posibilidade de escoller o programa de prácticas no centro de traballo en éuscaro, que xa leva en funcionamento unha década e cuxo obxectivo é dar continuidade ao modelo lingüístico elixido nos estudos.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder