España

Demandan o fomento dos contidos en catalán nas plataformas de vídeo baixo demanda

O Consello do Audiovisual de Cataluña reclama que a transposición da nova directiva de servizos de comunicación audiovisual impulse a presenza de contidos en catalán nos catálogos das plataformas de vídeo baixo demanda como Netflix.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Pleno do Concello de Irún aproba o Plan de normalización do éuscaro 2018-2022

O Plan de normalización de uso do éuscaro para o período 2018-2022 aprobouse en sesión plenaria despois de sufrir un importante atraso que provocou a prórroga do anterior plan ata a data.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Un 58,18 % dos establecementos comerciais arabeses conta cunha persoa capaz de entender éuscaro

Segundo unha enquisa realizada por Aenkomer en colaboración coa Deputación de Áraba a 330 establecementos de comercio e hostalería, un 58,18 % destes (192) conta con, polo menos, unha persoa capaz de entender éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Ponse en marcha unha campaña para que a cidadanía poida reclamarlles aos concellos o uso do asturiano e do galego-asturiano

A campaña, que ten como lemas 'Nel mio conceyu, na mio llingua' ou 'Nel meu conceyo, na mio llingua', busca que a cidadanía, a través dun modelo de solicitude, reclame o uso do asturiano e do galego-asturiano por parte dos seus concellos.  

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

Preséntase TraduZe, un programa de tradución automática do aragonés

O Goberno de Aragón acaba de presentar as versións en probas de TraduZe, un tradutor automático do aragonés. Así mesmo, desenvolveuse un prototipo da síntese vocal para esta lingua que, entre outros usos, poderá servir para a lectura automática de información turística.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Comisión de Toponimia de Cataluña reúnese para tratar os obxectivos para o ano 2020

Na súa primeira reunión ordinaria de 2020, a Comisión de Toponimia de Cataluña abordou as accións previstas para este ano, como a actualización do nomenclátor oficial de Cataluña, a publicación do nomenclátor do Val de Arán ou a elaboración do nomenclátor mundial.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Consello da Avogacía Catalá impulsa o uso do aranés no ámbito xudicial

O Colexio de Avogados de Lleida colleu a presentación dos primeiros formularios xurídicos en aranés destinados aos profesionais da xustiza e que servirán para fomentar o uso desta lingua nos xulgados de Vielha.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Celébrase unha nova edición do certame de promoción da lectura e a escritura en catalán Ficcions

O concurso literario Ficcions, dirixido ao alumnado do segundo ciclo de ensino secundario e de bacharelato de centros educativos valencianos, cataláns e baleares, chega á súa 12ª edición co obxectivo de promover a lectura e a escritura en lingua catalá.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Oñati convoca novas axudas para aprender éuscaro así como para impulsar o seu uso no comercio

O Concello de Oñati destinará unha partida económica de 8575 euros a dúas novas liñas de axudas: unha dirixida á cidadanía que está a aprender éuscaro e outra para impulsar o uso desta lingua nos rótulos, a imaxe corporativa e as páxinas web dos establecementos comerciais da localidade.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Catro concellos vascos crean un logo común para inserir en todas as actividades de impulso do éuscaro

Os departamentos de éuscaro dos concellos de Barakaldo, Portugalete, Santurtzi e Sestao crearon un logo común para incluír en todas as actividades de fomento desta lingua que se organicen nos catro municipios.

Fonte: En Portugalete

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder