España
Créase un premio de ensaio para promover a difusión do xénero en lingua catalá
A Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña (UVic-UCC, polas súas siglas en catalán) e Eumo Editorial crearon o Premio de Ensaio Ricard Torrents Bertrana para promover a difusión deste xénero en lingua catalá. O galardón está dotado con 5000 euros.
Fonte: El Punt Avui
Actualízase a gramática esencial da lingua catalá
O Instituto de Estudos Cataláns (IEC, polas súas siglas en catalán) actualizou a Gramàtica essencial de la llengua catalana incorporando arquivos de son correspondentes ás diferentes variedades do catalán.
Fonte: Europapress
Familias reclaman unha educación inclusiva en lingua de signos
As asociacións de familias con fillas e fillos xordos da Comunidade de Madrid (Abipans), Galicia (Anpanxoga) e Cataluña (Volem Signas i Escoltar) reuníronse con responsables do Ministerio de Educación para reclamar unha educación inclusiva en lingua de signos dada a desigualdade e a precariedade actual dos recursos ás que se enfronta o alumnado xordo.
Fonte: Tododisca
A Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña crea o programa "Camins del català"
"Camins del català" é un conxunto de roteiros para coñecer e amar a lingua catalá en diferentes puntos do seu amplo territorio lingüístico. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.
Fonte: VilaWeb
Intérpretes de lingua de signos de Madrid critican a precarización da súa profesión
A Delegación da Comunidade de Madrid da Federación Española de Intérpretes de Lingua de Signos e Guías Intérpretes (FILSE) alertou da precarización da súa profesión e de futuro incerto para o novo curso académico.
Fonte: El Boletín
O Principado de Asturias oficializa o dereito a usar a lingua asturiana no parlamento autonómico

A Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou por 27 votos a favor, 13 en contra e 5 abstencións, a reforma do Regulamento da Cámara para garantir o dereito a usar o asturiano no parlamento autonómico.
Fonte: Público
A Generalitat de Cataluña crea unha miniserie para aprender catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña creou unha miniserie de 21 vídeos para aprender catalán do curso oral Ep! Escolta i parla.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Galdakao fomentará durante o verán o uso do éuscaro no municipio
Galdakao contará durante o verán cunha programación de lecer infantil, dirixida a nenas e nenos de entre 5 e 11 anos, coa que pretende fomentar o emprego do éuscaro no municipio.
Fonte: Deia
Póñense en marcha diversas iniciativas na Wikipedia en éuscaro para coñecer mellor o territorio vasco
Euskal Wikilarion Kultura Elkartea está a impulsar diversas iniciativas na Wikipedia en éuscaro co obxectivo de afondar no coñecemento do territorio vasco, entre elas unha guía de viaxe de Euskal Herria, un concurso fotográfico e varias actividades, como visitas e percorridos virtuais.
Fonte: Gobierno Vasco
O Principado de Asturias pide entrar no Consello de Linguas Oficiais
O Goberno do Principado de Asturias solicitou formalmente ao Estado español a incorporación desta comunidade autónoma no Consello de Linguas Oficiais, o órgano estatal que se encarga de velar polo uso dos idiomas oficiais na administración.
Fonte: El Comercio
Boletín
Subscríbase ao boletín