España

O Goberno de Navarra apoia a produción de contidos dixitais en éuscaro na Wikipedia

O Goberno de Navarra subscribiu un convenio de colaboración, cunha achega económica de 25 000 euros, coa asociación cultural Euskal Wikilarien Kultur Elkartea para impulsar a creación, a difusión e o consumo de contidos dixitais culturais en éuscaro na Wikipedia.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O sistema estatal de axudas ao cine incentivará a creación audiovisual en lingua de signos

O Ministerio de Cultura e Deporte publicou recentemente a orde que establece as bases reguladoras das axudas estatais para a produción de longametraxes e curtametraxes. Nela recóllense incentivos para as creacións audiovisuais en lingua de signos española e lingua de signos catalá.

Fonte: Compromiso Empresarial

Xeral

A Universidade Jaume I inicia unha campaña para promover a matrícula en valenciano

A campaña «A la Universitat, en valencià: sense complexos!» ten como obxectivo, por unha banda, promover a matrícula en valenciano e, por outra, reforzar e fomentar o uso desta lingua no ámbito universitario.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

Un novo xogo interactivo ofrece alternativas en catalán a préstamos innecesarios

A Dirección Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Termcat, creou “Com ho diries en català?”, un xogo interactivo sobre préstamos innecesarios que ofrece formas catalás alternativas a expresións tomadas principalmente do inglés e do castelán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Ministerio de Cultura e Deporte apoia a tradución de libros españois

O Ministerio de Cultura e Deporte puxo en marcha o portal 'Books from Spain' para impulsar a tradución de obras españolas escritas en todas as linguas oficiais.

Fonte: La Moncloa

Xeral

Tres organismos de diferentes variedades da lingua catalá asinan un acordo para crear un modelo normativo de lingua común

O presidente do Instituto de Estudos Cataláns (IEC), Joandomènec Ros, o presidente da Academia Valenciana da Lingua (AVL), Ramon Ferrer, e o reitor da Universidade das Illas Baleares, Llorenç Huguet, asinaron un acordo para crear un modelo normativo de lingua catalá que sexa unitario e respectuoso coa variación xeográfica do idioma.

Fonte: Generalitat de Catalunya 

Cataluña

Un anuncio publicitario a nivel estatal dunha multinacional dinamarquesa fai mofa do acento galego

A empresa dinamarquesa Too Good to Go difundiu un anuncio publicitario no Estado español que causou indignación na rede social Twitter por facer uso do acento galego dun xeito desprezativo.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

Dous estudos inéditos avanzan na investigación académica da lingua aragonesa

Dous estudos engaden información sobre a lingua aragonesa á bibliografía existente. Un deles recopila vocabulario recente sobre a zona de Huesca e o outro recupera un documento filolóxico do século XVIII descuberto na Biblioteca Nacional de España.

Fonte: Aragón Cultura

Aragón

Nace un portal de Youtube de profesorado que traballa en lingua catalá

O docente e activista cultural Pau Font impulsou Youtubers docents, o primeiro portal de Youtube que integra diferentes canles de profesorado que traballa en lingua catalá de varios territorios onde se fala este idioma.

Fonte: Generalitat de Catalunya 

Cataluña

Os partidos políticos que integran o Parlamento de Asturias non solicitarán o servizo de interpretación de asturiano na cámara

As diferentes foracións políticas que integran os escanos do Parlamento de Asturias declararon que non solicitarán o servizo de interpertación de linguas para traducir intervencións de asturiano ao español na cámara.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder