España

Máis de 300 xornalistas asinan un manifesto para que todos os cargos do Goberno vasco sexan euscaldúns

Máis de 300 xornalistas asinaron un manifesto para esixir que todos os membros do novo Goberno vasco, así como os altos cargos, falen éuscaro. Con esta iniciativa, pretenden denunciar as desigualdades que sofren os profesionais que exercen o seu labor nesta lingua, fronte aos que informan en castelán.  

Fonte: El Diario

País Vasco

Publícase en catalán a revista trimestral de divulgación cultural da Unesco

O Correo da Unesco é unha revista trimestral que se publica nas seis linguas oficiais da organización (castelán, inglés, francés, ruso, chinés e árabe), ademais de portugués, coreano e esperanto, e agora tamén en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Consell de Mallorca convoca axudas á produción editorial e fonográfica en catalán

En total destinará 292 176,29 euros á convocatoria de axudas á produción editorial e fonográfica catalán, dos que 240 102,03 euros corresponden a libros e 52 074,26 corresponden obras fonográficas.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Denuncian a redución de prazas de éuscaro nas escolas infantís municipais de Pamplona

O colectivo Administrazioan Euskaraz Taldea denunciou a redución de prazas levada a cabo polo Concello de Pamplona nas escolas infantís municipais, xa que condiciona as opcións das familias, que, á hora de escoller o modelo lingüístico, adoitan adaptarse á oferta.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Lorca lanza mensaxes en catro linguas para tratar de frear os contaxios de COVID-19 no municipio

'Lorca te cuida' é o slogan desta campaña impulsada dende o Concello para intentar reducir os contaxios da COVID-19. Entre as accións previstas está a repartición de folletos informativos en catro linguas (inglés, francés, árabe e español) para chegar ao maior número de persoas posible.

Fonte: La Verdad

Murcia

Demandan que o asturiano teña peso nas convocatorias e os concursos do Goberno do Principado

A organización Iniciativa pol Asturianu demanda que o asturiano teña peso na puntuación e na baremación das convocatorias e os concursos do Goberno de Asturias.  Esixen que nas bases das subvencións se valore o uso bilingüe nos rótulos e a obriga de empregar a toponimia tradicional.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Constitúese a Asociación da Dobraxe de Asturias

A recentemente creada Asociación da Dobraxe de Asturias (ADOAS), que agrupa profesionais tanto da rama artística como da rama técnica, porá unha atención especial á normalización e difusión da lingua asturiana.

Fonte: InfoAsturies

Asturias

Segundo a app Babbel, os seus usuarios en España dedicaron un 67 % máis de tempo á aprendizaxe de linguas durante o confinamento

Segundo a app para a aprendizaxe de linguas Babbel, os seus usuarios en España investiron un 67 % máis de tempo en estudar idiomas durante o Estado de Alarma que no mesmo período do ano anterior.

Fonte: El Economista

Xeral

O Goberno de Aragón convoca unha liña de axudas para fomentar o aragonés e o catalán

A convocatoria de axudas en materia de política lingüística, que conta cun orzamento de 60 000 euros, está destinada a entidades locais e organizacións sen ánimo de lucro. Trátase de subvencións dirixidas á realización de actividades de fomento das linguas e modalidades lingüísticas de Aragón.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

A Deputación de Valencia publica unha serie de láminas para difundir a terminoloxía en valenciano das plantas aromáticas

Trátase dun total de 20 láminas da flora aromática que se difundirán a través das redes sociais e, a partir de setembro, tamén en papel. As devanditas láminas conteñen, ademais dunha ilustración, a denominación científica, o nome en latín, a denominación estándar e unha segunda denominación, entre outra información.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder