España

O Concello de Xixón aproba o seu Plan de normalización lingüística

O Plan de normalización lingüística de Xixón 2020/2023 establece medidas para aplicar de xeito progresivo e consensuado, co obxectivo de ir introducindo o uso do asturiano na Administración e promover a súa utilización en ámbitos menos habituais como o empresarial ou o universitario.

Fonte: El Comercio

Asturias

O alumnado matriculado no modelo lingüístico D, íntegro en éuscaro, supera en Barakaldo por primeira vez o matriculado no B

O pasado curso constatouse en Barakaldo, por vez primeira, unha cifra maior de alumnado matriculado no modelo lingüístico D, íntegro en éuscaro, polo que se decantaron 6598 escolares, fronte ao modelo mixto B, escollido por 6557.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Generalitat de Cataluña renova con Movistar+ o convenio para incrementar os contidos en catalán nesta plataforma

O Departamento de Cultura renovou o convenio con Movistar+ que ten como obxectivo aumentar a oferta de contidos audiovisuais subtitulados en catalán e fomentar entre a poboación o hábito de velos en versión orixinal con subtítulos nesta lingua.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno de Navarra financia unha investigación lingüística sobre o éuscaro de Roncal

O Goberno de Navarra financia a edición dun libro de investigación lingüística sobre o éuscaro de Roncal Uskararen eleak / Las palabras del uskara, un traballo que resultou gañador dun concurso organizado por Euskarabidea.

Fonte: La Vanguardia

Navarra

O Goberno de Aragón asina convenios con sete comarcas para promover o aragonés e o catalán

O Goberno de Aragón destinará 5000 euros a cada unha das sete comarcas coas que vai asinar acordos de colaboración para o fomento da lingua aragonesa e as súas variedades dialectais, así como do catalán que se fala nesta comunidade.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Atlàntida Film Fest proxectará 15 longametraxes en versión orixinal subtitulada en catalán

A décima edición do Atlàntida Film Fest contará con sesións presenciais en Palma e en Barcelona. Neste festival poderanse ver quince longametraxes en versión orixinal subtitulada en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Muskiz fomenta a utilización do éuscaro nos rótulos dos establecementos comerciais e hostaleiros

Os establecementos comerciais e hostaleiros de Muskiz poderán acollerse ao programa de axudas impulsado dende o Concello, ao que destinará 1500 euros, para poñer un rótulo e un toldo en éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Denuncian as dificultades para realizar os exames do carné de conducir en valenciano

Plataforma per la Llengua solicitoulle á delegada do Goberno en Valencia que se investiguen as dificultades para realizar os exames do carné de conducir en valenciano e demandan que as preguntas dos tests se formulen tamén nesta lingua e non só en castelán.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca renovan o seu convenio de colaboración

Este convenio para o ano 2020 entre ambas as institucións ten como obxectivo normalizar e colaborar no desenvolvemento, estudo e investigación do éuscaro. Algúns dos proxectos que se impulsarán son a participación en dicionarios así como en traballos de onomástica e toponimia.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Asociacións asturianas e leonesas organizan unha campaña para concienciar sobre a unidade lingüística dos seus territorios

As asociacións Faceira e Iniciativa pol Asturianu puxeron en marcha, a través das redes sociais, a campaña #FalamosIgual, coa que pretenden amosar que León e Asturias comparten unha lingua, malia que reciba nomes diferentes nos dous territorios, cunha gran parte de léxico común e unha mesma gramática.

Fonte: León Noticias

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder