España
Caen os índices de audiencia da televisión pública en éuscaro durante o estado de alarma
A televisión pública en éuscaro rexistrou uns datos de audiencia moi pobres durante o estado de alarma e non está a competir con outras plataformas de contido audiovisual.
Fonte: El Diario
A maioría das grandes cadeas de distribución alimentaria de Cataluña que traballan en liña venden os seus produtos en catalán
Segundo datos dun estudo realizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, o 78,9 % das grandes marcas de supermercados que traballan en liña, venden os seus produtos en catalán. Ademais, o estudo tamén revela que o 73,7 % das marcas que teñen sitio web ofrecen versión en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un estudo revela que o alumnado canario é o que máis estuda dúas linguas estranxeiras de todo o Estado
O estudo sobre o Sistema Estatal de Indicadores da Educación 2020, publicado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, revelou que o alumnado das Illas Canarias é o que máis cursa dúas linguas estranxeiras de todo o estado cunha porcentaxe do 78,9 %.
Fonte: El Día
Publícase a primeira guía turística en lingua de signos catalá
A Asociación de Artistas Xordos Unidos de Barcelona publicou Barcelona a les mans, a primeira guía turística en lingua de signos catalá. A publicación recibiu o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e do Concello de Barcelona.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha serie televisiva difundirá o uso correcto da lingua aranesa
LleidaTV e o Consello Xeral de Arán están colaborando na serie de humor en aranés Èm çò qu’èm que nace co obxectivo de difundir o uso correcto desta lingua.
Fonte: Segre Premium
A poeta canadense Anne Carson recibe o Premio Princesa de Asturias das Letras
A poeta, ensaísta e tradutora canadense Anne Carson venceu o Premio Princesa de Asturias das Letras deste ano. A escritora é recoñecida como unha das grandes poetas en lingua inglesa da actualidade e é firme candidata a recibir o Premio Nobel.
Fonte: Observador
Proponse incrementar o uso das linguas oficiais diferentes do español no Senado

O senador navarro de Geroa Bai presentou unha proposta que defende a ampliación do uso das linguas oficiais diferentes do español no Senado, algo que só está permitido no debate das mocións.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno do País Vasco lanza un novo programa de actividades de reforzo do éuscaro
O Consello de Goberno do País Vasco aprobou axudas a entidades para o desenvolvemento de actividades educativas dirixidas ao reforzo e promoción do éuscaro durante as vacacións de 2020.
Fonte: Euskadi
O TERMCAT actualiza o seu dicionario sobre paxaros do mundo
O TERMCAT acaba de actualizar o seu Diccionari dels ocells del món con 745 novas denominacións catalás de paxaros do mundo. Esta obra lexicográfica está elaborada pola Fundación Barcelona Zoo, o Instituto Catalán de Ornitoloxía e o TERMCAT.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT actualiza o seu dicionario en liña sobre termos do coronavirus
A última actualización do dicionario en liña Termes del coronavirus do TERMCAT inclúe agora as acepcións en occitano (variente aranesa) grazas á colaboración do Instituto de Estudos Araneses, a Dirección Xeral de Política Lingüística e o Departamento de Saúde da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín