España
Máis de 30 entidades reclaman unha defensa do valenciano xunto a Cataluña e as Baleares

Entidades da sociedade civil, sindicatos e partidos políticos subscribiron un manifesto para esixirlle á Generalitat Valenciana a defensa do valenciano cun plan de cooperación lingüística xunto a Cataluña e ás Baleares, despois da sentenza do Tribunal Supremo que anula parcialmente o decreto que regula o seu uso na Administración.
Fonte: La Vanguardia
Solicitan a emisión de contidos en aragonés no centro territorial de RTVE
Dende a Chunta Aragonesista pídenlle á administradora provisional única da Corporación RTVE o deseño de contidos específicos en lingua aragonesa para emitir en Aragón a través do Centro Territorial.
Fonte: La Vanguardia
Aumenta a porcentaxe de persoas que falan éuscaro en Navarra

Segundo unha enquisa, a porcentaxe de persoas de 16 anos ou máis que fala éuscaro en Navarra pasou do 12,9 % de 2016 ao 14,1 % en 2018. Esta é, soa ou xunto ao castelán, a primeira lingua do 9,1 % da poboación da Comunidade Foral, unha porcentaxe que se incrementa ata o 15,1 % no caso da xente nova.
Fonte: Diario de Navarra
Valencia acolle unha concentración en contra das sentenzas do Tribunal Supremo sobre o valenciano

A concentración produciuse fronte ao Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana para mostrar o rexeitamento ás sentenzas do Tribunal Supremo que confirman a anulación parcial do decreto sobre o uso do valenciano na Administración.
Fonte: La Vanguardia
Entra en vigor a nova Ordenanza reguladora da utilización e fomento do éuscaro no Concello de Pamplona
Esta nova ordenanza establece un bilingüismo asimétrico nas relacións interadministrativas e coa cidadanía, o que significa que se respecta a vontade da persoa destinataria á hora de escoller unha ou outra lingua (éuscaro ou castelán).
Fonte: Navarra Información
O Goberno balear convoca axudas para os medios de comunicación en catalán
Esta convocatoria anual de axudas por valor de 575 000 euros está destinada aos medios de comunicación en catalán e ten como obxectivo impulsar a presenza desta lingua nos medios do arquipélago.
Fonte: UH Noticias
O Instituto Vasco de Administración Pública lanza un tradutor automático especializado en linguaxe xurídico-administrativa

O IVAP (Instituto Vasco de Administración Pública) realizou unha versión do tradutor automático neuronal Itzuli especializada na linguaxe xurídico-administrativa. Agárdase que esta nova ferramenta resulte útil para o uso e a normalización do éuscaro por parte do persoal da Administración pública.
Fonte: Gobierno Vasco
A Deputación de Zamora organiza un obradoiro de verán para achegarlles a lingua portuguesa aos máis pequenos

A Deputación de Zamora organiza este verán obradoiros hispano-portugueses gratuítos para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos cos que se pretende realizar unha aproximación á lingua e á cultura portuguesas a través da literatura, a música ou a gastronomía.
Fonte: Noticias CYL
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para fomentar o catalán, o aranés e a lingua de signos catalá

A Generalitat convoca este ano oito liñas de axudas, ás que destinará 3,66 millóns de euros, para o fomento do catalán, cunha partida de ata 1 700 000 € para subtítulos e dobraxe; o impulso do aranés, para o que irán 70 000 €; e a difusión e a promoción da lingua de signos catalá, á que se dedicarán outros 45 000.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno do Principado pon en marcha unha campaña para animar o alumnado a matricularse na materia de Lingua Asturiana
A campaña #Apúntate ten como finalidade animar o alumnado a matricularse para o vindeiro curso nas materias de Lingua e Literatura Asturianas e de Galego-Asturiano.
Fonte: El Digital de Asturias
Boletín
Subscríbase ao boletín