España

A Deputación de Biscaia convoca subvencións para as publicacións en éuscaro

A Deputación Foral de Biscaia aprobou a convocatoria de subvencións para 2020, cun orzamento de 900 000 euros, destinadas a publicacións periódicas en éuscaro en papel ou dixitais cuxo obxectivo sexa a difusión de información de ámbito local, comarcal ou territorial.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Nace Fibracat TV, unha nova canle en catalán

Fibracat TV, a nova canle privada de TDT en catalán, comezará as súas emisións o vindeiro 15 de xuño. Nace cun dobre obxectivo: achegar a tecnoloxía ao público e dar visibilidade ás mulleres que se dedican a este ámbito.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Piden que a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos das Baleares asuma tamén a defensa e a promoción da lingua signos

Unidas Podemos rexistrou unha proposición non de lei para instar o Goberno balear a garantir que a futura Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos fomente e defenda a lingua de signos.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Un grupo de estudantes cataláns de galego inicia unha campaña para que o Celga se poida acreditar fóra de Galicia

Co cancelo #Querémolo, alumnado catalán de galego puxo en marcha unha iniciativa para reivindicar a posibilidade de acreditar o Certificado de Estudos de Lingua Galega (Celga) fóra de Galicia.

Fonte: Galicia Confidencial

Cataluña

O Consorcio para a Normalización Lingüística asina 25 acordos de colaboración para fomentar o catalán

Estes 25 acordos asinados desde o mes de xaneiro con diferentes entidades e asociacións de toda Cataluña teñen como obxectivo potenciar a aprendizaxe e o uso do catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publícase un dicionario de termos do ioga en catalán

O Termcat publicou en liña un dicionario terminolóxico sobre o ioga, que recolle 110 palabras que fan referencia a conceptos relacionados con esta disciplina. A obra vai acompañada dun póster interactivo coas posturas e un documento cos criterios xerais para a adaptación a esta lingua dos termos procedentes do sánscrito.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un informe demanda máis presenza de contidos en catalán en Netflix

O Consello do Audiovisual de Cataluña publicou un informe no que constata a escasa presenza do catalán en Netflix, posto que esta lingua só se inclúe nun 0,5 % do catálogo da plataforma.

Fonte: Generalitat de Catalunya

 

Cataluña

Alumnas do centro de FP Harrobia de Bilbao crean BerdinGO!, un xogo de mesa en éuscaro sobre igualdade de xénero

Alumnas de marketing e publicidade crearon o xogo de mesa en éuscaro BerdinGO!, de carácter didáctico e inclusivo, centrado na igualdade de xénero.

Fonte: Deia

País Vasco

Asínase un acordo institucional para a promoción do galego, o catalán, o éuscaro e o castelán

O Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Consello da Cultura Galega asinaron un convenio de colaboración para promover a nivel internacional as diferentes culturas e linguas propias do Estado español (galego, castelán, catalán e éuscaro).

Fonte: Consello da Cultura Galega

Xeral

Apparella’t, a aplicación para mellorar o nivel de valenciano, celebra o seu primeiro aniversario con máis de 10 000 descargas

A aplicación Apparella’t celebrou o seu primeiro aniversario con máis de 10 000 descargas e miles de persoas usuarias que, grazas a esta plataforma, poden practicar valenciano de xeito rápido e sinxelo.

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder