España
RTVE apoiará a inclusión do asturiano nos seus contidos televisivos e radiofónicos
A administradora provisional única da Corporación RTVE, Rosa María Mateo, afirmou que a radio e a televisión públicas apoiarán a inclusión da lingua asturiana nos seus contidos.
Fonte: La Vanguardia
Piden o uso de topónimos en catalán nas denominacións de orixe eivisencas
O Institut d’Estudis Eivissencs (IEE) demanda a utilización do nome en catalán dos topónimos e os alimentos nas denominacións de orixe, xa que nas campañas destes produtos postas en marcha polo Goberno da illa non sempre se fai.
Fonte: Periódico de Ibiza
Cúmprense dez anos da entrada en vigor da Lei da lingua de signos catalá
A Generalitat de Cataluña conmemora os dez anos da publicación e entrada en vigor da Lei 17/2010, do 3 de xuño, da lingua de signos catalá (LSC), na que se prevén aspectos como a planificación lingüística, a autoridade lingüística ou un consello social específico.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco crea un portal con case 100 iniciativas dixitais en éuscaro

O portal Gozatu Sarean Euskaraz recolle preto de 100 iniciativas dixitais en éuscaro, entre as que se atopan series, aplicacións, xogos para o móbil..., así como diversos recursos dirixidos ao público infantil.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Pecha en Huesca a Oficina de Lingua Aragonesa
Creada en 2016 para fomentar a normalización, o uso e a presenza do aragonés en todos os ámbitos da vida social e cultural da cidade de Huesca, a Oficina de Lingua Aragonesa pechou as súas portas o pasado 30 de maio ao carecer de partida orzamentaria para prorrogar o contrato.
Fonte: Heraldo
O Goberno Foral preséntalle ao Consello Navarro do Éuscaro as propostas en materia de lingua do Plan Reactivar Navarra
O Consello Navarro do Éuscaro coñeceu as propostas do Plan Reactivar Navarra / Nafarroa Suspertu 2020-2023 no que está a traballar o Goberno da Comunidade Foral para paliar os efectos da crise provocada pola COVID-19.
Fonte: Navarra
O Goberno vasco acorda co Ministerio de Xustiza que as probas de acceso á avogacía e á procuradoría poidan facerse en éuscaro

O Consello de Goberno autorizou a subscrición dun convenio entre a Administración Xeral do País Vasco e o Ministerio de Xustiza que establece as bases para que a proba de acceso ao exercicio das profesións de avogacía e procuradoría poida facerse en castelán ou en éuscaro, segundo decida o aspirante.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Deputación de Biscaia convoca subvencións para as publicacións en éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia aprobou a convocatoria de subvencións para 2020, cun orzamento de 900 000 euros, destinadas a publicacións periódicas en éuscaro en papel ou dixitais cuxo obxectivo sexa a difusión de información de ámbito local, comarcal ou territorial.
Fonte: 20minutos
Nace Fibracat TV, unha nova canle en catalán

Fibracat TV, a nova canle privada de TDT en catalán, comezará as súas emisións o vindeiro 15 de xuño. Nace cun dobre obxectivo: achegar a tecnoloxía ao público e dar visibilidade ás mulleres que se dedican a este ámbito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Piden que a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos das Baleares asuma tamén a defensa e a promoción da lingua signos
Unidas Podemos rexistrou unha proposición non de lei para instar o Goberno balear a garantir que a futura Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos fomente e defenda a lingua de signos.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín