España
Propóñenlle ao Consello Comarcal do Bierzo un recoñecemento do galego como lingua cooficial

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo propúxolle ao Consello Comarcal darlle un status de cooficialidade á lingua galega, aproveitando que ten aberto o período de alegacións do seu Regulamento, o que supón unha oportunidade para que se recolla un recoñecemento expreso do bilingüismo berciano.
Fonte: Lugo Xornal
Rexistran no Congreso unha proposición non de lei para que saber linguas cooficiais se converta en requisito para traballar en Correos
O grupo de ERC no Congreso rexistrou unha proposición non de lei na que solicita que un dos requisitos para obter unha praza en Correos sexa o coñecemento de linguas cooficiais, de maneira que as persoas aspirantes conten coa capacitación lingüística suficiente para comunicarse nelas nos territorios correspondentes.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Eibar abre o prazo de solicitude de subvencións para colocar rótulos en éuscaro
O Concello de Eibar abriu o prazo para solicitar, ata o 13 de novembro, subvencións destinadas poñer en éuscaro rótulos ou calquera outro elemento da imaxe corporativa en locais comerciais, industriais e sedes de asociacións. O obxectivo destas axudas é incrementar a presenza desta lingua na paisaxe lingüística do municipio.
Fonte: Diario Vasco
O Aeroporto de Palma carece de copias en catalán dos formularios para os pasaxeiros

O Aeroporto de Son Sant Joan foi acusado de falta de sensibilidade coas persoas que teñen o catalán como lingua inicial, xa que non dispón de copias neste idioma dos formularios que os pasaxeiros deben cubrir.
Fonte: Última Hora
Critican a política lingüística da Radiotelevisión do Principado de Asturias

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana critica os obstáculos para unha presenza normal do asturiano no ente público. Dende esta organización sinalan que nos últimos tres anos non se investiu en producir contidos nesta lingua, malia os 23 millóns de euros de orzamento da RTPA.
Fonte: AsturNews
A Deputación de Áraba destina máis de medio millón de euros a fomentar o emprego do éuscaro
A partida de máis de medio millón de euros destinarase a catro tipos de subvencións coas que se pretende promover o uso do éuscaro: unha dirixida a concellos e cuadrillas; outra, a entidades deportivas e asociacións de nais e pais; a terceira, a medios de comunicación; e a última, á euscaldunización de persoas.
Fonte: El Correo
Continúa o impulso do ensino do aragonés entre persoas adultas no Alto Gállego
O Alto Gállego subscribiu a renovación do convenio anual de colaboración coa Asociación Calibo de Sabiñánigo por un valor de 1500 euros. Este acordo ten como obxectivo impulsar actividades a prol da lingua aragonesa.
Fonte: Radio Huesca
A SD Eibar súmase á campaña de fomento do éuscaro Euskaraldia
Como todos os anos, a SD Eibar sumouse a Euskaraldia, a campaña de fomento do uso do éuscaro. O club está a facer esforzos para empregar esta lingua e apoiar iniciativas que axuden na súa expansión.
Fonte: Diario Vasco
O Mercado Artesán e Ecolóxico de Xixón acolle actividades de promoción da lingua e as tradicións asturianas

O Mercado Artesán e Ecolóxico de Xixón, que se celebrou os días 15 e 16 de agosto na Praza Maior, acolleu unha nova edición de «A mercar cola Llingua», un xogo participativo a través de códigos QR que ten como obxectivo promover o asturiano e as tradicións do Principado.
Fonte: La Voz de Asturias
Segundo un informe, a Generalitat de Cataluña marxina o castelán
Societat Civil Catalana presentou un informe sobre a convivencia lingüística en Cataluña, que conclúe que existe por parte da Generalitat unha desigualdade de trato cos castelanfalantes e que a cultura en español está marxinada, mentres que consideran que a Administración é practicamente bilingüe.
Fonte: El Punt Avui
Boletín
Subscríbase ao boletín