España
Cúmprense dez anos da entrada en vigor da Lei da lingua de signos catalá
A Generalitat de Cataluña conmemora os dez anos da publicación e entrada en vigor da Lei 17/2010, do 3 de xuño, da lingua de signos catalá (LSC), na que se prevén aspectos como a planificación lingüística, a autoridade lingüística ou un consello social específico.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco crea un portal con case 100 iniciativas dixitais en éuscaro

O portal Gozatu Sarean Euskaraz recolle preto de 100 iniciativas dixitais en éuscaro, entre as que se atopan series, aplicacións, xogos para o móbil..., así como diversos recursos dirixidos ao público infantil.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Pecha en Huesca a Oficina de Lingua Aragonesa
Creada en 2016 para fomentar a normalización, o uso e a presenza do aragonés en todos os ámbitos da vida social e cultural da cidade de Huesca, a Oficina de Lingua Aragonesa pechou as súas portas o pasado 30 de maio ao carecer de partida orzamentaria para prorrogar o contrato.
Fonte: Heraldo
O Goberno Foral preséntalle ao Consello Navarro do Éuscaro as propostas en materia de lingua do Plan Reactivar Navarra
O Consello Navarro do Éuscaro coñeceu as propostas do Plan Reactivar Navarra / Nafarroa Suspertu 2020-2023 no que está a traballar o Goberno da Comunidade Foral para paliar os efectos da crise provocada pola COVID-19.
Fonte: Navarra
O Goberno vasco acorda co Ministerio de Xustiza que as probas de acceso á avogacía e á procuradoría poidan facerse en éuscaro

O Consello de Goberno autorizou a subscrición dun convenio entre a Administración Xeral do País Vasco e o Ministerio de Xustiza que establece as bases para que a proba de acceso ao exercicio das profesións de avogacía e procuradoría poida facerse en castelán ou en éuscaro, segundo decida o aspirante.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Deputación de Biscaia convoca subvencións para as publicacións en éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia aprobou a convocatoria de subvencións para 2020, cun orzamento de 900 000 euros, destinadas a publicacións periódicas en éuscaro en papel ou dixitais cuxo obxectivo sexa a difusión de información de ámbito local, comarcal ou territorial.
Fonte: 20minutos
Nace Fibracat TV, unha nova canle en catalán

Fibracat TV, a nova canle privada de TDT en catalán, comezará as súas emisións o vindeiro 15 de xuño. Nace cun dobre obxectivo: achegar a tecnoloxía ao público e dar visibilidade ás mulleres que se dedican a este ámbito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Piden que a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos das Baleares asuma tamén a defensa e a promoción da lingua signos
Unidas Podemos rexistrou unha proposición non de lei para instar o Goberno balear a garantir que a futura Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos fomente e defenda a lingua de signos.
Fonte: 20minutos
Un grupo de estudantes cataláns de galego inicia unha campaña para que o Celga se poida acreditar fóra de Galicia
Co cancelo #Querémolo, alumnado catalán de galego puxo en marcha unha iniciativa para reivindicar a posibilidade de acreditar o Certificado de Estudos de Lingua Galega (Celga) fóra de Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
O Consorcio para a Normalización Lingüística asina 25 acordos de colaboración para fomentar o catalán
Estes 25 acordos asinados desde o mes de xaneiro con diferentes entidades e asociacións de toda Cataluña teñen como obxectivo potenciar a aprendizaxe e o uso do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín