España

Alberto Vázquez recibe o premio Alfonso Iglesias de Banda Deseñada en asturiano

A obra El sol na escombrera gaña a XII edición do premio Alfonso Iglesias de Banda Deseñada en lingua asturiana, dotado con 5000 euros. É a segunda vez que Alberto Vázquez recibe este premio.

Fonte: ORT

Asturias

O presidente de Asturias defende a lingua asturiana como importante elemento do patrimonio inmaterial da rexión

O presidente de Asturias, o socialista Adrián Barón, reivindicou o patrimonio inmaterial da comunidade autónoma e cualificou a lingua asturiana como "herdanza dunha historia milenaria".

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Alumnado navarro do modelo D contará cunha nova materia optativa para facilitar o coñecemento e a transmisión da cultura vasca

Sete centros educativos do modelo D de Navarra impartirán este curso, como optativa ou como proxecto interdisciplinar, a materia 'Sormen digitala’ (Creatividade dixital), que ten como obxectivo traballar a imaxinación e a creatividade do alumnado e facilitar o coñecemento e a transmisión da cultura vasca.

Fonte: Navarra.com

Navarra

Publícase unha nova gramática do aranés

O Instituto de Estudos Araneses, autoridade lingüística sobre a variante aranesa da lingua occitana do Arán, publicou unha nova gramática froito de máis de catro anos de traballo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Aragón convoca varios premios para a difusión do aragonés e o catalán

O Goberno de Aragón convoca tres galardóns: o Arnal Cavero, que premia unha obra de creación literaria en aragonés ou unha tradución a esta lingua; o Guillem Nicolau, que recoñece unha obra de creación literaria en catalán; e o Antonio Artero, que premia unha obra de creación de vídeo en aragonés.

Fonte: AraInfo

Aragón

O Concello de Etxebarri subvencionará os rótulos en éuscaro dos establecementos comerciais

Co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro nos establecementos comerciais e na hostalería, o Concello de Etxebarri lanza unha convocatoria de axudas coa que subvencionará con ata o 50 % os rótulos en éuscaro nos seus locais.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Concello de Donostia prepara un plan para impulsar o éuscaro na cidade

O plan para promover o éuscaro en Donostia será aprobado nas vindeiras semanas polo Goberno local. Con este documento preténdese que se converta en lingua de traballo do persoal municipal, ademais de visibilizar unha paisaxe lingüística na que o éuscaro sexa predominante nos rótulos dos establecementos comerciais.

Fonte: Onda Cero

País Vasco

O Goberno de Navarra presenta unha campaña de fomento do éuscaro entre adultos

O Goberno de Navarra, en colaboración con entidades locais, euskaltegis e escolas oficiais de idiomas, puxo en marcha para este curso 2020-2021 a campaña "¡La próxima en euskera! / Hurrengoan euskaraz!", que ten como obxectivo promover a aprendizaxe desta lingua.

Fonte: Noticias de Navarrra

Navarra

Piden que se recoñeza a oficialidade do catalán na Unión Europea

ERC rexistrou unha iniciativa no Congreso para demandar que o catalán se recoñeza como lingua oficial na Unión Europea e se incorpore ás súas institucións. Entre os motivos, citan o recoñecemento do multilingüismo que inspira a política da UE, os máis de dez millóns de falantes deste idioma (repartidos por catro estados), a súa situación sociolingüística, a súa importante tradición literaria e cultural...

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Softcatalà lanza un novo tradutor automático neuronal catalán-inglés e inglés-catalán

O novo tradutor automático, baseado en tecnoloxía de redes neuronais, ten dúas vantaxes respecto ao actual, que funciona en base a regras predefinidas: unha maior calidade das traducións e a posibilidade de traducir arquivos grandes.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder