España
O Euskaltegi de Oñati organiza cursos de éuscaro específicos para diferentes ámbitos
O Euskaltegi municipal anuncia que organizará varios cursos gratuítos de éuscaro específicos para ámbitos como o coidado, a hostalería ou o comercio. Están dirixidos a persoas con nulos ou escasos coñecementos desta lingua e teñen como obxectivo que adquiran unha competencia oral básica para desenvolver a súa actividade laboral.
Fonte: Diario Vasco
Celébrase a edición número 38 da Semana do Libro en Catalán

A programación da Semana do Libro en Catalán inclúe actividades como presentacións, conversas, lectura de poemas etc. que teñen como obxectivo impulsar e promover a lectura nesta lingua, así como fomentar e difundir a lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A edición deste ano de Euskaraldia lanza novo material didáctico para os centros educativos
A nova edición de Euskaraldia, a iniciativa que busca cambiar hábitos lingüísticos e aumentar o uso do éuscaro, arrancará oficialmente o 20 de novembro. Porén xa se presentou novo material didáctico para todas as etapas educativas dos centros escolares tanto públicos como privados-concertados.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Valencia subvencionará o emprego do valenciano nos establecementos comerciais
O Concello de Valencia abriu unha liña de axudas, á que destinará unha partida de 50 000 euros, para subvencionar o uso do valenciano nos establecementos comerciais da cidade.
Fonte: El Periòdic
O Concello de Donostia oferta cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas
As persoas desempregadas que residan en Donostia poderán optar a unha praza nos cursos gratuítos de éuscaro de 120 horas que oferta o concello donostiarra.
Fonte: Diario Vasco
Increméntase a porcentaxe de ensino en éuscaro na Universidade do País Vasco
A Universidade do País Vasco (UPV) deu comezo ao novo curso escolar con máis de 34 000 estudantes matriculados. Os datos actuais mostran que o 54,9 % do alumnado deste ano realizará os seus estudos en éuscaro, unha porcentaxe que medra lixeiramente respecto á do ano anterior.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
O Ministerio de Igualdade segue a excluír o galego e outras linguas oficiais diferentes do español duns premios para teses doutorais
En resposta a unha queixa presentada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Ministerio de Igualdade equipara as linguas oficiais diferentes do español con calquera lingua estranxeira nas bases dun premio convocado por ese departamento. Con esta resposta, a institución estatal segue a excluír o galego deses premios.
Fonte: Nós Diario
O Instituto de Estudos Baleáricos abre a matrícula para os cursos de lingua catalá

O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB, polas súas siglas en catalán) abriu o prazo de matrícula dos seus cursos de lingua catalá. A oferta será completamente en liña a causa da situación xerada pola covid-19.
Fonte: dBalears
Chega ás librarías o novo libro de Astérix e Obélix en lingua asturiana
El combate de los xefes é o título escollido do novo álbum da serie de Astérix e Obélix que se publica en lingua asturiana.
Fonte: Cope
O Instituto Ramon Llull organiza a súa estadía lingüística de verán nas Illas Baleares
A estadía lingüística de verán do Instituto Ramon Llull terá lugar este ano nas Illas Baleares. A novidade é que o evento se desenvolverá de xeito virtual.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín