España
A Deputación de Valencia presenta unha nova campaña de promoción lingüística
A creación do vídeo ‘La terra del foc’ servirá para dar a coñecer o vocabulario da pirotecnia. Trátase dun produto audiovisual que está pensado para difundir a través das redes sociais e a mensaxería instantánea.
Fonte: El Periòdic
Vila-real prepara unha programación especial en defensa do valenciano para o 9 de outubro
A Concellería de Normalización Lingüística está a organizar unha programación especial para o 9 de outubro, data na que tamén se conmemora o 25º aniversario deste departamento. Entre as actividades previstas figuran a entrega dos XXIII Premios Maig-Memorial Pasqual Batalla, o Correllengua, música en valenciano etc.
Fonte: El Periòdic
O Concello de Bilbao organiza un programa de éuscaro destinado a comerciantes

O Concello de Bilbao presentou unha nova edición de Biribilko, un programa que ten como obxectivo impulsar a normalización e o uso do éuscaro nos establecementos comerciais da cidade.
Fonte: Deia
O Consello Escolar de Euskadi pide unha reflexión profunda sobre o modelo D polo baixo nivel de éuscaro que alcanza o alumnado

O baixo nivel de éuscaro do alumnado inscrito no modelo D ao finalizar a educación obrigatoria levou ao Consello Escolar de Euskadi a solicitar unha reflexión profunda sobre o ensino nesta modalidade que, ademais, é a maioritaria.
Fonte: Deia
O Goberno de Navarra destina axudas a persoas adultas para a aprendizaxe do éuscaro
O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro, vai destinar case 190 000 euros en axudas para que as persoas adultas aprendan a lingua vasca. Estas subvencións comprenden as modalidades de aprendizaxe extensiva, intensiva, en internado e autoaprendizaxe.
Fonte: Diario de Navarra
Preséntase a sexta edición dos Premios Lazarraga que recoñecen o labor das empresas arabesas que fomentan o uso do éuscaro

A Deputación Foral de Áraba e Bai Euskarari Elkartea presentaron a sexta edición destes galardóns que recoñecen o esforzo das empresas que promoven o emprego do éuscaro. En total, premiaranse cinco entidades ou persoas físicas polas iniciativas postas en marcha para impulsar o uso desta lingua no ámbito social e empresarial.
Fonte: 20minutos
A Generalitat de Cataluña pon en marcha unha nova campaña para impulsar o Voluntariado pola Lingua

O Voluntariado pola Lingua, un programa que busca mellorar o dominio do uso oral do catalán, inicia unha nova tempada de actividades no marco dunha campaña que ten como lema “Quan parles fas màgia” e cuxo obxectivo é incidir na transformación persoal que supón para aprendices e voluntarios practicar xuntos este idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Apple prepara a versión de Siri en catalán
A publicación por parte de Apple de novas ofertas laborais que demandan o dominio de diferentes linguas, entre as que figura o catalán, fai pensar que o asistente Siri estará dispoñible proximamente neste idioma.
Fonte: Applesfera
Cada vez máis empresas apostan no País Vasco pola capacitación en éuscaro do seu cadro de persoal

Cada vez máis as empresas son conscientes da importancia de dirixirse á clientela na súa lingua para ofrecerlle un mellor servizo, polo que optan pola capacitación en éuscaro do seu persoal. Proba disto é o centro Ulibarri Euskaltegia, que asesora a empresas e entidades en materia sociolingüística e que xa prestou os seus servizos a compañías tan importantes como El Corte Inglés, Mutualia ou a Autoridade Portuaria de Bilbao.
Fonte: Deia
Segundo unha enquisa, o Val de Arán é a zona onde máis se usa o occitano de todo o seu dominio lingüístico

Segundo unha enquisa realizada pola Oficina Pública da Lingua Occitana, o Val de Arán é a zona do seu dominio lingüístico na que presenta mellor situación, xa que é onde máis se coñece e máis se fala.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín