España

A edición deste ano do Viquimarató de la Llengua Catalana centrarase nos lingüistas dos territorios de fala catalá

O Viquimarató de la Llengua Catalana celebrarase entre o 6 e o 13 de novembro e, a causa da pandemia, desenvolverase en liña co cancelo #ViquiLlengua7x7. Ademais, a novidade desta sétima edición é que, por vez primeira, participarán os sete territorios de fala catalá.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

O valenciano converterase nun requisito para o acceso á Administración na nova Lei de función pública da Comunidade Valenciana

O debate lingüístico reábrese na Comunidade Valenciana ante a posibilidade de que na nova Lei de función pública o coñecemento do valenciano se converta en obrigatorio para quen queira acceder á Administración, tamén no caso do persoal sanitario.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

Hernani acollerá a feira Enpresarean Azoka, na que se analizará a relación entre empresa vasca, desenvolvemento sustentable e diversidade lingüística

A feira Enpresarean Azoka, que se desenvolverá en Hernani o día 22 outubro, analizará a relación entre o tecido empresarial vasco, o desenvolvemento sustentable e a diversidade lingüística. O obxectivo desta iniciativa é impulsar a colaboración e o acceso de empresas e profesionais que traballan en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Néganlle a un alumno da Universidade de Oviedo o dereito a facer o traballo de fin de grao en asturiano

A Universidade de Oviedo negoulle a un estudante da Facultade de Historia o dereito a facer o traballo de fin de grao en asturiano. Malia que os docentes se mostraron favorables ao uso desta lingua, desde a administración negáronlle esta posibilidade.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Unhas xornadas abordarán a universalización do coñecemento do éuscaro

As xornadas Euskararen herria euskal hiztun, organizadas polo Goberno vasco e Kontseilua, desenvolveranse os días 12 e 13 de novembro e estarán centradas na universalización do coñecemento do éuscaro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Calcúlase que na Radiotelevisión do Principado de Asturias só un 0,85 % das emisións en 2021 será en asturiano

Segundo a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, a radiotelevisión pública non dedicou nada do seu orzamento á produción de contidos en asturiano desde que comezou a lexislatura. Así mesmo, calcula para 2021 só un 0,85 % de porcentaxe de emisión nesta lingua.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Persoal da Deputación de Biscaia inscríbese nun programa para practicar éuscaro

Máis de cen traballadoras e traballadores da Deputación de Biscaia van participar no  novo programa interno para practicar éuscaro. Farano en sesións telemáticas nas que, por parellas, as persoas participantes deberán manter conversas de arredor de 30 minutos á semana.  

Fonte: Deia

País Vasco

Por primeira vez pódense ver filmes subtitulados en catalán no Terra Gollut Film Festival

O Terra Gollut Film Festival, que se celebra entre o 9 e o 31 de outubro, terá dous formatos, con sesións en liña e presenciais. Por primeira vez no certame, exhibiranse filmes en versión orixinal subtitulados en catalán, un total de oito, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Granollers acolle unha iniciativa de fomento do comercio local e do uso do catalán

Ata o 5 de novembro a poboación de Granollers poderá participar nun concurso que pretende fomentar, ao mesmo tempo, o comercio de barrio e o uso do catalán, así como dar a coñecer vocabulario específico de diferentes tipos de tendas.

Fonte: Revista Digital del Vallès

Cataluña

RTVE e o Instituto Cervantes asinan un acordo para difundir a lingua española

O acordo de colaboración asinado entre RTVE e o Instituto Cervantes ten como obxectivo promover e difundir a lingua e a cultura españolas a través dun incremento da información no ente público sobre este idioma.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder