España

Inaugúrase HiTZ, Centro Vasco de Tecnoloxía da Lingua

A Universidade do País Vasco acaba de presentar o centro HiTZ que aspira a converterse nun referente en tecnoloxías lingüísticas e intelixencia artificial, en plena expansión polo auxe dos tradutores automáticos e os asistentes por voz.

Fonte: Naiz

País Vasco

Nace en Baleares un movemento a prol dunha escola en catalán

O Moviment per l’escola en català, integrado por varias entidades, ten como obxectivo axudar a que o alumnado, ao finalizar o ensino obrigatorio, sexa suficientemente competente en catalán e perciba esta lingua como propia, algo que non acontece na actualidade, segundo demostra a Enquisa de Usos Lingüísticos.  

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Varias organizacións alertan da difícil situación do éuscaro en Navarra agravada pola crise da covid-19

Varias asociacións e sindicatos alertaron, nunha rolda de prensa en Ansoáin, sobre como a crise sanitaria provocada pola covid-19 está a repercutir negativamente no éuscaro e no seu proceso de normalización lingüística.  

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Bilbao acollerá no mes de novembro 24 actividades de lecer en éuscaro

O Concello de Bilbao, no marco do programa Darabilbo, ten previstas para o mes de novembro 24 actividades gratuítas de lecer en éuscaro, entre as que figuran obradoiros de gastronomía, paseos en bicicleta ou varias charlas.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Piden que as empresas vascas e navarras con máis de 50 empregadas/os conten con plans para o uso do éuscaro

A plataforma Kontseilua e os sindicatos ELA e LAB pídenlle ao empresariado do País Vasco e de Navarra que nos acordos interprofesionais se pacte a negociación de plans para o uso do éuscaro nas compañías que teñan máis de 50 traballadores/as. Así mesmo, demándanlles aos gobernos de ambas as comunidades que apoien a medida a través de recursos económicos.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Xeral

A futura lei de educación eliminará a referencia expresa ao castelán como lingua vehicular no ensino

Froito dun pacto entre ERC, PSOE e Unidas Podemos, na futura lei educativa eliminarase a referencia expresa a que o castelán sexa lingua vehicular, para blindar a inmersión lingüística en Cataluña, e obrigará a que o alumnado teña competencias en catalán e castelán.

Fonte: El Periódico

Xeral

O Parlamento de Navarra rexeita que o coñecemento do éuscaro se valore como mérito nas convocatorias de concurso-oposición

O Parlamento de Navarra rexeitou unha proposta para garantir que o coñecemento do éuscaro se valore como mérito nas prazas que se cubran a través de concurso e concurso-oposición.

Fonte: El Confidencial Digital

Navarra

Dez plans Ofercat fomentarán o uso do catalán en 4525 establecementos comerciais de Cataluña

A directora xeral de Política Lingüística deu a coñecer os resultados das análises sobre a situación lingüística do comercio en localidades estudadas en 2019 e as liñas xerais dos plans locais que se presentarán progresivamente nas vindeiras semanas.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno balear reparte 225 000 euros en axudas a proxectos de fomento do catalán

As axudas para o fomento do uso do catalán, convocadas en xuño, repartirán 225 000 euros entre proxectos de voluntariado lingüístico, actividades formativas para colectivos específicos, de lecer, de integración lingüística e de sensibilización.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Instituto de Estudos Baleáricos pon en marcha un centro virtual de formación de catalán

O Instituto de Estudios Baleáricos vai poñer en funcionamento o Centro de Catalán Virtual, unha iniciativa que ten como obxectivo garantir que quen o desexe poida preparar un nivel de catalán ou perfeccionar o que xa ten. Incluirá recursos e ligazóns para a aprendizaxe desta lingua, así como un equipo de asesoramento para responder dúbidas e preguntas.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder