España
Tres empresas vascas comezan un proxecto para crear un asistente virtual que interactúe en éuscaro
As empresas vascas Elhuyar, Skura e Talaios comezaron a traballar no proxecto Mycroft.eus para crear un asistente virtual que interactúe coas persoas en éuscaro, para o cal empregan tecnoloxías centradas na intelixencia artificial e o deep learning.
Fonte: Spri
Ponse en marcha en Eibar unha campaña que vincula as compras no comercio local coa promoción do éuscaro

A asociación Eta Kitto organiza en Eibar unha campaña que ten como obxectivo promover as compras no comercio local e fomentar o uso do éuscaro coa vista posta no Nadal.
Fonte: El Correo
O Goberno de Aragón asinará convenios de colaboración con varias organizacións para fomentar as linguas propias da comunidade
O Goberno de Aragón asinará oito convenios de colaboración con diferentes entidades para impulsar proxectos de fomento das linguas propias da comunidade, que se suman aos acordos xa existentes con entidades locais e asociacións.
Fonte: Diario del Alto Aragón
A última actualización do Dicionario da Real Academia Española suma máis de 2500 novidades
Ademais de palabras relacionadas coa pandemia do coronavirus, o Dicionario da lingua española recolle outras como "trol", "nacho", "finde", "gastrobar" ou "fascistoide". Trátase dunha actualización que suma máis de 2500 novidades, tanto emendas como incorporacións, que xa están incluídas na súa edición dixital.
Fonte: Faro de Vigo
Preséntase unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para que RTVE reciba 10 millóns de euros para mercar contidos nas linguas cooficiais

BNG, ERC, Junts e Bildu presentaron conxuntamente no Congreso unha emenda aos orzamentos xerais de 2021 para solicitar que Facenda traspase 10 millóns de euros a RTVE para que merque filmes, series e documentais en galego, catalán e éuscaro, co obxectivo de promover a produción audiovisual nas linguas oficiais minorizadas.
Fonte: Galicia Confidencial
A norma ISO 17025 de laboratorios de ensaio e calibración xa está dispoñible en catalán
O TERMCAT elaborou a versión catalá da norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración, ao abeiro do acordo establecido coa Asociación Española de Normalización-UNE e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Cataluña para impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O estudo de videoxogos Main Loop anuncia que o xogo Itadaki Smash estará dispoñible en éuscaro

Itadaki Smash poderá xogarse completamente en éuscaro nas súas versións para PlayStation 4 e PC. Xunto a esta lingua, estará dispoñible tamén en castelán, inglés, francés, italiano, alemán e portugués. Trátase dun dos poucos videoxogos en éuscaro para PS4, que representa apenas o 2 % dos idiomas dispoñibles nas producións españolas.
Fonte: Videojuegos Vascos
Propoñen que Alacant conte cun regulamento de promoción do valenciano
Compromís per Alacant cre necesario avanzar na presenza do valenciano na Administración local e fomentar a formación do funcionariado nesta lingua para ofrecerlle un mellor servizo á cidadanía. Por este motivo, propón que se comece a traballar na posta en marcha dun regulamento de promoción do valenciano, como xa existe na maioría dos concellos da comunidade.
Fonte: El Periòdic
Comeza a segunda edición de Euskaraldia, unha iniciativa que buscar cambiar hábitos lingüísticos e impulsar o uso do éuscaro

Arredor de 147 000 persoas participarán na edición deste ano de Euskaraldia, unha iniciativa que ten como obxectivo mudar os hábitos lingüísticos e impulsar o emprego do éuscaro e que se celebra en todos os territorios onde se fala esta lingua: País Vasco, Navarra e Iparralde.
Fonte: Noticias de Navarra
A Generalitat de Cataluña convoca una liña de axudas que busca fomentar o uso das linguas no ámbito universitario

As axudas Interlingua 2021, para as que a Generalitat destina unha partida de 611 779 euros, teñen como obxectivo impulsar proxectos que fomenten o uso das linguas no ámbito universitario, xa sexa catalán, occitano ou lingua de signos catalá, ou outras como o inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín