España

O Concello de Novelda organiza novas actividades relacionadas co valenciano

O Concello de Novelda presenta as actividades de fomento do valenciano coas que se pecha o ano: cinemateca para os centros de ensino, carta aos Reis Magos, calendarios de mesa con vocabulario de diferentes temas ou contacontos.

Fonte: Novelda Digital

Comunidade Valenciana

O Goberno vasco pon a disposición da cidadanía Itzuli +, unha extensión do tradutor neuronal Itzuli

Itzuli + é unha extensión para asociar ao tradutor automático Itzuli, co que amplían as ferramentas para conseguir unha tradución mellor e máis accesible. O dispositivo traduce ao instante, desde calquera web, textos en éuscaro e castelán.

Fonte: Deia

País Vasco

O catálogo Filmazpit incorpora cinco novas longametraxes en éuscaro

O catálogo Filmazpit, que ten como obxectivo impulsar o cine con subtítulos en éuscaro, acaba de incluír cinco novas longametraxes, un documental, dous filmes de animación, dous dramas sociais e unha antoloxía de curtas.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Disney+ incorpora o catalán ás súas opcións de idioma

Desde o 25 de decembro, coincidindo coa estrea do filme Soul, o catalán está dispoñible nas opcións de idioma de Disney+, no marco da colaboración entre esta plataforma e a Generalitat de Cataluña para impulsar a oferta e o consumo de contidos audiovisuais nesta lingua.

Fonte: Vertele!

Cataluña

O Goberno de Navarra presenta unha web con temas infantís en éuscaro da tradición oral

A páxina web Xaldun Kortin inclúe cancións, contos, xogos e expresións en éuscaro da tradición oral de Navarra. Está especialmente dirixida a nenas e nenos de ata seis anos, así como ás súas familias e ao profesorado.  

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

A RAE e Telefónica colaboran en intelixencia artificial no marco do proxecto LEIA

A Real Academia Española (RAE) e Telefónica continúan coa súa colaboración en intelixencia artificial ao abeiro de LEIA, un proxecto que ten como obxectivo principal impulsar un maior e mellor uso do español no mundo dixital, para o cal puxeron marcha dúas iniciativas: creación de retos lingüísticos e fomento da investigación na universidade.

Fonte: RAE

Xeral

A Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns conmemora o seu 25 aniversario traballando para impulsar o uso do éuscaro nas farmacias

A Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns (Feuse), da que forman parte farmacias de Navarra e Euskadi, celebra o seu 25 aniversario facendo balance do seu traballo a prol do uso do éuscaro neste tipo de establecementos, período no que destacan un dicionario castelán-éuscaro específico, premios ou unha revista dixital, entre outras actividades.

Fonte: Noticias de Navarra

Xeral

A FundéuRAE dá a coñecer as candidatas converterse en palabra do ano 2020

"Coronavirus", "infodemia", "resiliencia" ou "confinamiento" son algúns dos termos candidatos a converterse en palabra do ano 2020 da Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), na oitava edición desta iniciativa.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

A Deputación de Valencia presenta a campaña «Sona tan bé» de promoción do valenciano

“Sona tan bé”, a campaña organizada pola Deputación de Valencia, ten como obxectivo reivindicar as palabras propias do valenciano que cada vez se empregan menos. O músico e guionista Àlex Martínez Orts foi o creador desta orixinal iniciativa.

Fonte: Valencia City

Comunidade Valenciana

A Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea presenta o novo catálogo de produtos nesta lingua destinado á infancia e á mocidade

O novo catálogo de produtos en éuscaro está pensado para nenos/as e  mozos/as de 0 a 16 anos e inclúe os produtos máis salientables e novidosos do mercado: música, libros, filmes, xoguetes etc.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder