España
Convócase a cuarta edición dos premios Espiello Agora x l’aragonés

O Goberno de Aragón e a Comarca de Sobrarbe convocan a cuarta edición dos premios Espiello Agora x l’aragonés, un galardón que ten como obxectivo difundir o patrimonio lingüístico aragonés e fomentar a creación audiovisual nesta lingua.
Fonte: Diario del Alto Aragón
A Generalitat de Cataluña actualiza a guía para aprender catalán destinada a falantes de ruso
A Dirección Xeral de Política Lingüística actualizou e reeditou a guía Viure a Catalunya. Aprenem català des del rus dirixida á poboación de Cataluña falante de ruso que quere aprender catalá e que xa está dispoñible en formato dixital para a súa descarga.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza a Liga de Scrabble Escolar en catalán cun formato virtual
Por primeira vez, a Liga de Scrabble Escolar en catalán terá un formato virtual. Trátase dun campionato destinado ao alumnado de 5º de primaria ata 4º de secundaria de todos os territorios onde se fala esta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Donostia anima as familias a matricular as súas fillas e fillos no modelo en éuscaro

O Concello de Donostia está animando as familias, con motivo da campaña de matriculación para o vindeiro curso, a que escollan para os seus fillos e fillas o modelo D en éuscaro, xa que, segundo sinalan, é a mellor opción para unha educación realmente bilingüe.
Fonte: Donostiako Udala
Tabakalera impulsa unha convocatoria destinada á creación de series en éuscaro

O Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera pon en marcha trinta programas para impulsar o talento vasco aos que dedicará máis de tres millóns de euros. Unha das novidades deste ano é a convocatoria destinada á creación de series en éuscaro dirixida a guionistas e produtores executivos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A iniciativa elteunegoci.cat promoverá a creación de webs comerciais en catalán

O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) e a Fundación puntCAT colaborarán para poñer en marcha elteunegoci.cat, unha iniciativa coa que buscan impulsar a presenza do catalán e o seu uso no mundo dixital no ámbito socioeconómico.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Ermua organiza un programa de actuacións e actividades en éuscaro
Ao longo de todo o mes desenvolveranse en Ermua unha ampla variedade de actuacións e actividades en éuscaro, como un concerto, unha exposición ou varios clubs de lectura.
Fonte: Deia
EITB traduce ao éuscaro a información sobre a privacidade das páxinas web

Todos os sitios web teñen a obriga de proporcionar información sobre a privacidade, unha información que ata agora non se podía ofrecer en éuscaro. Ante esta situación, Euskal Irrati Telebista traduciu os textos relacionados coa privacidade a esta lingua, que poderán usar todas as empresas que o desexen.
Fonte: El Siglo
Unha obra sobre as leis políticas de Cataluña analiza os dereitos e os deberes lingüísticos
A obra Lleis polítiques de Catalunya. Comentaris, da editorial Marcial Pons, inclúe as principais leis políticas catalás, acompañadas de cadanseu comentario. Na terceira parte deste volume analízanse catro leis que regulan os dereitos e os deberes lingüísticos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Aragón asina un convenio para a posta en marcha de medidas a prol do aragonés e o catalán
O Goberno asina un convenio de colaboración co Sindicato Obreiro Aragonés para o impulso de medidas en favor das linguas propias da comunidade, é dicir, aragonés e catalán de Aragón.
Fonte: El Economista
Boletín
Subscríbase ao boletín