España

Unha manifestación denuncia a situación das escolas infantís de éuscaro que dependen do Concello de Pamplona

A Plataforma Haur Eskola Euskaraz convocou unha manifestación para denunciar a situación das escolas infantís de éuscaro que dependen do Concello de Pamplona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A compañía xaponesa Espon traduce ao catalán guías e manuais de instalación dos seus produtos

Epson pon a disposición dos consumidores a versión en catalán dos menús dos seus dispositivos, así como guías de usuario e manuais de instalación de máis de mil produtos da compañía, tanto en versión dixital como en papel.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Un estudo identifica 127 palabras ou expresións en español que compoñen unha nova linguaxe relacionada coa actual crise sanitaria

O doutor en Filoxoxía Rafael Rodríguez-Ponga identificou 127 palabras ou expresións que compoñen unha nova linguaxe covídica e que recolle no libro Pandemia y resiliencia: aportaciones académicas en tiempos de crisis. Trátase de neoloxismos prestados do inglés ou de nova creación, popularización de termos científicos ou xurídicos, xeneralización de siglas...

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Convócase o Premio á creación de contidos audiovisuais en catalán, aranés e lingua de signos catalá

A Universidade de Barcelona, a Rede Vives de Universidades e Òmnium Cultural convocaron un premio á creación de contidos audiovisuais. Poderanse presentar a este galardón vídeos que se publicasen nunha rede social no ano 2020 nalgunha destas linguas: catalán, aranés ou lingua de signos catalá.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Ponse en marcha unha campaña de repartición de máscaras para loitar contra o coronavirus e fomentar o aragonés oriental

Mediante esta campaña, coa que se pretende protexer contra o coronavirus e impulsar o chapurriau/aragonés oriental, xa se repartiron 200 máscaras por varias poboacións de Aragón.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

O Concello de Eibar organiza un concurso de erros na interpretación do éuscaro

Este concurso de erros na interpretación do idioma trata de dar a coñecer malentendidos que acontecen ao utilizar o éuscaro e o castelán ou o éuscaro e algunha outra lingua.  

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Convócase o premio Jesús Tuson de recoñecemento a traballos que tratan sobre a diversidade lingüística

O premio Jesús Tuson, que convoca a Universidade de Barcelona, a Rede Vives de Universidades e Òmnium Cultural, recoñece os traballos, de docentes ou do alumnado, que tratan sobre a diversidade lingüística, xa sexan teses, artigos, libros ou capítulos de libro, entre outros formatos académicos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Once persoas da diáspora vasca concluirán a súa formación como profesores/as de éuscaro en Lazkao

Once persoas, procedentes de Arxentina, Chile e Uruguai, realizarán unha estancia de dous meses no barnetegi Maizpide de Lazkao para mellorar o seu nivel de éuscaro e logo poder impartir clases desta lingua nas súas cidades de orixe.  

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Lanzan a web Mallorcat, unha ferramenta de autoaprendizaxe en liña do catalán

A Dirección Insular de Política Lingüística creou Mallorcat, unha ferramenta web para a autoaprendizaxe do catalán de nivel inicial, pero que tamén serve de recurso didáctico para docentes.  

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O himno do centenario do Deportivo Alavés xa ten versión en éuscaro

O Deportivo Alavés cumpre cen anos e para conmemoralo conta cun novo himno, en castelán, composto e interpretado por Mikel Izal, e cunha versión en éuscaro, adaptada por Miren Agur Meabe.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder