España
O Concello de Xixón asina un acordo de colaboración coa Academia da Lingua Asturiana
O Concello de Xixón asinou un convenio de colaboración coa Academia da Lingua Asturiana para avanzar na normalización social do asturiano e continuar recibindo asesoramento lingüístico da institución.
Fonte: El Comercio
Euskarabidea pon en marcha tres proxectos dixitais en éuscaro

Euskarabidea impulsa a creación de contidos dixitais en éuscaro e incrementa a oferta cultural e formativa nesta lingua no ámbito dixital. Trátase de iniciativas coas que pretende achegarse a novos falantes, principalmente a infancia e a mocidade.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de Palma deseña unha guía de recursos do catalán

A Guía de recursos del catalán en Palma, impulsada polo Concello, distribuirase en bibliotecas municipais e puntos de atención cidadá co obxectivo de fomentar a dinamización lingüística.
Fonte: La Vanguardia
Vitoria identificará mediante un distintivo os axentes da policía que falen éuscaro
Co obxectivo de facilitarlle a atención en éuscaro á cidadanía, o Concello de Vitoria vai identificar cuns distintivos nos uniformes os axentes da Policía Local que saiban esta lingua.
Fonte: El Correo
Tolosa reactiva o club de lectura en éuscaro
O 9 de febreiro reactívase o club de lectura en éuscaro que contará con catro sesións, os martes pola tarde, ás que poderán acudir presencialmente dez persoas pero que se ofrecerán en formato en liña.
Fonte: Tolosako Udala
O Goberno balear esixe que o topónimo Maó sexa a única forma oficial que utilice este Concello
O Executivo balear esíxelle ao Concello de Maó, na illa de Menorca, que, en cumprimento da Lei de normalización lingüística, adopte a versión catalá e oficial do topónimo (Maó) como única denominación do municipio.
Fonte: Diario de Mallorca
A televisión pública do Principado comeza coas emisións dos programas elixidos na convocatoria de axudas para a produción en asturiano
A Radiotelevisión do Principado de Asturias comeza a emitir os sete programas seleccionados na convocatoria de subvencións para a produción en asturiano, cinco espazos televisivos e dous radiofónicos.
Fonte: Asturies.com
PuntuEUS establece como obxectivo impulsar a transformación dixital da sociedade desde o éuscaro
Co comezo do ano, PuntuEUS fai balance e anuncia novos propósitos e retos, como a posta en marcha do plan estratéxico PuntuEUS 2021-2023. Así mesmo, para o próximo trienio terá como obxectivo impulsar a transformación dixital da sociedade desde o éuscaro.
Fonte: PuntuEus
Unha nova publicación fomentará o coñecemento do catalán e o romaní
A Generalitat de Cataluña publicou un vocabulario catalán-romaní ilustrado que ten como obxectivo promover o coñecemento de ambas as linguas, así como fomentar o recoñecemento e o respecto pola cultura xitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova aplicación facilita a participación na detección de novos termos en catalán

O Centro de Terminoloxía Termcat ofrece a posibilidade de facerlle chegar propostas de novos termos a través dunha aplicación específica que consta dun cuestionario guiado para que a persoa usuaria poida ofrecer toda a información dispoñible sobre o termo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín