España
Segundo un estudo, na provincia de Biscaia fálanse máis de 120 linguas

Un estudo da Deputación Foral recolle as conclusións dunha investigación realizada polo Clúster de Sociolingüística co que se pretendía coñecer a diversidade lingüística de Biscaia, máis alá do éuscaro, o castelán ou o inglés.
Fonte: 20minutos
Centros de secundaria critican o retroceso nas horas que se imparten en valenciano pola aplicación da nova lei de plurilingüismo
A lei de plurilingüismo chegará o vindeiro curso aos centros de secundaria, polo que preto de setenta institutos subscribiron unha carta na que lamentan que a súa implantación suporá un retroceso nas horas de valenciano que impartirán respecto ás actuais.
Fonte: Levante-EMV
O Concello de Donostia subvencionará a sinalización en éuscaro dos establecementos comerciais e hostaleiros

O Concello de Donostia destinará unha partida de 10 000 euros a subvencionar a sinalización exterior e interior en éuscaro de comercios e hostalería. O obxectivo destas axudas é avanzar no proceso de normalización desta lingua na cidade e incrementar o seu uso no ámbito socioeconómico.
Fonte: Donostiako Udala
Convócanse as probas para obter os certificados oficiais de aranés
As probas de 2021 para conseguir os certificados oficiais de aranés están destinadas a persoas maiores de 17 anos e servirán para a obtención dos niveis A1, A2, B1, B2 e C1.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno central avala a política lingüística e o modelo de ensino de linguas da Xunta de Galicia
O Goberno central elaborou un informe, no que avala a política lingüística e o modelo de ensino de linguas implantado pola Xunta de Galicia, en resposta ás recomendacións do comité de ministros do Consello de Europa relativas á aplicación da Carta europea de linguas rexionais e minoritarias.
Fonte: Galicia Confidencial
Nace unha nova revista para a divulgación do éuscaro no sector público navarro

ENAP (Euskara Nafarroako Administrazio Publikoetan), editada por Euskarabidea, é unha publicación dixital, de periodicidade semestral, que busca converterse nun punto de encontro das iniciativas impulsadas dentro das Administracións públicas navarras arredor do éuscaro.
Fonte: Gobierno de Navarra
A RAE presenta unha actualización do Corpus do Español do Século XXI
A RAE, en colaboración coa Asociación de Academias da Lingua Española, presentou unha nova actualización deste corpus que conta así con máis de 333 millóns de formas ortográficas, procedentes de textos escritos e de transcricións de textos orais.
Fonte: La Vanguardia
Responsables da política lingüística do Goberno balear e dos consellos insulares reúnense para coordinar proxectos de fomento do catalán
A reunión mantida entre os máximos responsables das áreas de política lingüística do Goberno balear e dos consellos insulares serviu para coordinar proxectos de fomento da lingua, como campañas dirixidas á mocidade, liñas de subvencións, formación etc.
Fonte: 20minutos
O Departamento de Cultura, Patrimonio e Política Lingüística de Mallorca repartirá axudas entre empresas e entidades que fomenten o catalán
Destinaranse 150 000 euros en axudas a empresas e entidades que impulsen o uso do catalán. En concreto subvencionaranse accións como etiquetaxe, carteis, merchandaxe, páxinas web etc.
Fonte: Diario de Mallorca
Euskal Irrati Telebista e Euskaltzaindia asinan un convenio de colaboración para difundir un modelo de éuscaro de calidade
Euskal Irrati Telebista (EITB) e Euskaltzaindia asinaron en Bilbao un acordo de colaboración, con vixencia ata 2024, que ten como obxectivo impulsar e difundir un modelo de éuscaro de calidade.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín