España
Preséntase a campaña "Arnasa Gara" co obxectivo de apoiar os municipios que poden vivir en éuscaro de forma natural

Os Gobernos vasco e navarro, e a Mancomunidade de Municipios Vascos acaban de impulsar "Arnasa Gara", unha campaña que busca apoderar os municipios arnasgune (con presenza maioritaria do éuscaro) e a súa poboación.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno vasco destinará 515 000 euros ás publicacións en éuscaro

O Departamento de Cultura destinará 640 000 euros a axudas para a promoción da edición literaria, dos cales 515 000 serán para publicacións en éuscaro e 125 000, en castelán.
Fonte: El Diario Vasco
Incorpóranse ao curso “Ep! Escolta i Parla” novos recursos didácticos para a aprendizaxe do catalán
A web de Lingua Catalá, da Generalitat de Cataluña, incorpora 102 novos recursos didácticos do curso “Ep! Escolta i Parla”, que teñen como obxectivo facilitar o labor do profesorado de catalán para adultos, así como a aprendizaxe do alumnado.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Congreso aproba parcialmente unha proposición non de lei a prol da igualdade lingüística
Esta Proposición non de lei (PNL) recolle parte do manifesto "Igualdade lingüística: liberdade, pluralismo e democracia" que impulsaron diferentes entidades sociais de defensa das linguas do Estado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Goberno de Navarra convoca axudas para a aprendizaxe e o perfeccionamento do éuscaro entre o profesorado

O Departamento de Educación publicou a convocatoria de axudas individuais, para cursos realizados entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021, dirixidas á aprendizaxe e o perfeccionamento do éuscaro entre o profesorado.
Fonte: Gobierno de Navarra
Piden que os centros de secundaria non impartan menos do 50 % de horas en valenciano

Escola Valenciana solicitoulle nun escrito á Consellería de Educación que os institutos non impartan o próximo curso menos do 50 % de horas en valenciano. Así mesmo, esixen máis persoal nos centros para aplicar con éxito o plurilingüismo.
Fonte: Levante-EMV
Preséntase un documental sobre a influencia das ikastolas navarras na recuperación, transmisión e fomento do éuscaro
O documental ten como obxectivo recoller testemuños para coñecer a influencia do movemento das ikastolas de Navarra na recuperación, transmisión, promoción e difusión do éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
Ponse en marcha un novo programa de voluntariado lingüístico en Cataluña destinado aos profesionais da avogacía
O obxectivo desta iniciativa é impulsar a creación de parellas lingüísticas entre a avogacía e os profesionais do ámbito xudicial no marco do Voluntariado pola Lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O FC Barcelona lanza a súa primeira rede social en ruso
O FC Barcelona conta cunha nova comunidade virtual, dirixida aos falantes de ruso, con contidos informativos e de entretemento. Faino da man aplicación de mensaxería Viber.
Fonte: FC Barcelona
O Goberno de Navarra impulsa a presenza do éuscaro nas novas tecnoloxías

O Goberno de Navarra asinou un novo acordo de colaboración con Euskal Wikilarien Kultur Elkartea para fomentar o uso e a presenza do éuscaro nas novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Fonte: Gobierno de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín