España

O Instituto Vasco Etxepare convoca prazas de lectores de éuscaro en centros de Alemaña ou EUA

Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a selección de varias prazas de lector de éuscaro e cultura vasca en universidades de Alemaña, Francia, Estados Unidos e Xeorxia.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Goberno vasco subvencionará ao 100 % os estudos de éuscaro para os habitantes de Treviño

O cambio de criterio do Goberno vasco para 2021 permitirá que se subvencionen ao 100 % os estudos de éuscaro para as persoas de Treviño, xa que eliminou o requisito do empadroamento no seu territorio para optar ao máximo da axuda.

Fonte: Diario de Burgos

Castela e León

O Goberno balear organiza un concurso para youtubers en catalán

O Goberno balear, en colaboración cos concellos do arquipélago, puxo en marcha un concurso para mozas e mozos youtubers en catalán co obxectivo de crear e difundir contidos audiovisuais nesta lingua.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Lanzan a cuarta edición do Aragonario, o dicionario dixital do aragonés, con importantes novidades

O Aragonario, o dicionario en liña de aragonés, entrou en funcionamento en abril de 2019 con 8653 entradas en castelán coa súa correspondencia en aragonés e en xaneiro de 2020 chegou ás 23 212. A última versión inclúe a tradución aragonés-castelán, así como variantes comarcais.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Increméntase o número de persoas novas que quere participar no Voluntariado pola Lingua

Grazas á campaña e á exposición “Quan parles fas màgia” incorporouse ao Voluntariado pola Lingua un número importantes de mozas e mozos participantes, de maneira que se incrementaron nun 67 % os voluntarios, con máis de 2800 novos inscritos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Varias entidades instan o Goberno español a garantir o uso das linguas cooficiais

Varias entidades sociais de defensa das linguas cooficiais, como A Mesa pola Normalización Lingüística, Kontseilua, Ciemen, Plataforma per la Llengua, Escola Valenciana, Acción Cultural del País Valenciá e Iniciativa pel Asturianu realizaron unha valoración conxunta da aprobación parcial no Congreso da proposición non de lei sobre a realidade plurilingüe e igualdade lingüística.

Fonte: Nós Diario

Xeral

O Goberno balear investiga varios casos recentes de discriminación lingüística denunciados nas redes sociais

O Goberno balear, a través da Oficina de Defensa de Dereitos Lingüísticos, está a investigar varios casos de discriminación lingüística denunciados nas redes sociais.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

A literatura en asturiano e galego-asturiano estará presente nas campañas de fomento da lectura do Ministerio de Cultura

O Ministerio de Cultura vai incluír a literatura en asturiano e en galego-asturiano nos programas de fomento da lectura. Así mesmo, esta literatura será a protagonista dunha das actividades programadas para a Feira do Libro de Frankfurt 2022.

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

O Consell de Mallorca convoca unha liña de subvencións destinada a editar libros e discos en catalán

O Consell de Mallorca destinará 300 000 euros a axudas para a edición de libros e fonogramas en catalán co obxectivo de incrementar o coñecemento e a presenza social desta lingua, así como apoiar a industria editorial e discográfica da illa.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

Euskarabidea presenta unha campaña para fomentar o uso do éuscaro entre novos falantes

Esta nova campaña, que ten como lema “Regálalles o éuscaro e chegarán moi alto / Euskararekin, gora eta gora beti!, pretende transmitirlles ás familias o valor positivo da aprendizaxe e o uso desta lingua.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder