España
O diario ARA crea a iniciativa Re|mot para recuperar palabras do catalán de uso pouco frecuente e mostrar a riqueza desta lingua
Esta iniciativa conta co apoio do Departamento de Cultura e a participación de Optimot e busca valorizar a riqueza do catalán ao recuperar palabras que non son de uso habitual na actualidade e impulsalas para que se incorporen de novo no día a día desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Donostia inicia o programa Parketarrak para incrementar o uso do éuscaro por parte das nenas e dos nenos e das súas familias

O programa de ocio infantil levarase a cabo en 15 barrios da cidade ao longo do mes de maio. O proxecto, executado por Urtxintxa Eskola, vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 9 anos e ás súas familias a través de actividades gratuítas, co obxectivo de incrementar o seu uso do éuscaro mentres xogan na rúa ou no parque.
Fonte: DDonosti
Celébrase unha manifestación na praza da Catedral de Oviedo para conseguir a oficialidade do asturiano
A Xunta pola Defensa da Lingua diríxese ao goberno rexional e aos partidos do parlamento asturiano para reivindicar a necesidade de abordar de maneira clara e sen demoras a reforma estatutaria para un novo marco legal do asturiano e do galego-asturiano.
Fonte: El Comercio
A comarca do Duranguesado presenta o proxecto Landue para normalizar o uso do éuscaro no ámbito laboral

A mancomunidade, a Deputación Foral de Bizcaia e o Goberno vasco elaboraron unha iniciativa na que 42 empresas traballarán para interiorizar o éuscaro no seu día a día laboral. O proxecto centrarase en empresas do sector do automóbil debido á importancia e ao peso que teñen na comarca.
Fonte: El Correo
A Real Academia da Lingua Vasca publica un libro que analiza a situación das linguas europeas minorizadas

Pamplona acolleu a presentación da obra Jagon 21: Hizkuntza gutxiagotuak zaindu, euskara jagon. O volume axuda a reflexionar sobre o futuro das linguas europeas occidentais minorizadas ao analizar a súa situación actual.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Instituto Navarro do Éuscaro organiza a XIII edición do encontro entre os servizos municipais do éuscaro
Udaltop, o encontro anual dos servizos municipais do éuscaro, reúne 230 profesionais para traballar no fomento desta lingua no ámbito socioeconómico desde as entidades locais.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Club Atlético Osasuna impulsa accións para dinamizar o uso do éuscaro
O club conta cun plan para a mellora da súa xestión lingüística e comprométese a traballar pola normalización lingüística a través do uso do éuscaro en todas as súas actividades.
Fonte: Gobierno de Navarra
A Xunta de Goberno Local do Concello de Valencia aproba a segunda convocatoria das axudas destinadas aos comercios que promovan o valenciano
A liña de axudas dirixida aos comercios da cidade nace como unha iniciativa da Área de Xestión de Recursos do Concello, que contará coa xerencia do Gabinete de Normalización Lingüística. O seu obxectivo é valorar e impulsar o valenciano como lingua de uso habitual nos establecementos comerciais que atenden directamente ao público.
Fonte: 20 minutos
Convócase a segunda edición do Premio ARA de banda deseñada en catalán
A segunda convocatoria do premio contará co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e coa colaboración de Norma Editorial. O seu obxectivo é fomentar a presenza do catalán no xénero da banda deseñada adulta de non ficción e na novela gráfica.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Fragmenta Editorial publica unha colección de filosofía en catalán

Coa creación da nova colección de filosofía contemporánea, a editorial busca abrir as portas do mundo do pensamento ao público lector non especializado e aumentar o número de publicacións filosóficas en catalán.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín