España

A Universidade Pública de Navarra aumenta a porcentaxe de créditos en éuscaro no Grao en Traballo Social

A universidade incrementou os créditos en éuscaro do 27,5 % ao 60 % para o curso 2021-2022 no Grao en Traballo Social e segue traballando no seu obxectivo de ofrecer nun futuro a titulación completa nesta lingua.

Fonte: 20 minutos

Navarra

O Goberno do País Vasco convoca axudas para promover o éuscaro nos medios de comunicación en castelán

O importe total das subvencións para incrementar o uso do éuscaro é dun millón de euros e vai dirixido á prensa diaria, ás edicións dixitais e ás emisoras de radio que utilizan principalmente o castelán.

Fonte: Segres

País Vasco

O Goberno convoca subvencións destinadas a fomentar o catalán nos medios de comunicación das Illas Baleares

As axudas convocadas para o ano 2021 contan cun valor de 635 000 euros e van dirixidas a medios de comunicación en catalán, escritos e audiovisuais, co obxectivo de garantir a súa estabilidade. A convocatoria contribuirá a manter postos de traballo neste sector.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

O Goberno de Navarra financiará estudos e investigacións sociolingüísticas sobre o éuscaro

O Goberno de Navarra asina un convenio con Soziolinguistika Klusterra para financiar tres proxectos durante o ano 2021 que obteñan datos demolingüísticos actualizados co obxectivo de avaliar a situación do éuscaro e coñecer a evolución da realidade sociolingüística de Navarra e realizar unha política adecuada a esta realidade.

Fonte: Goberno de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra ten previsto valorar o éuscaro nos postos sanitarios da zona mixta

O borrador que ultima o goberno prevé a valoración do éuscaro como mérito no acceso e na provisión de postos do Servizo Navarro de Saúde que se atopen na zona mixta. 

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Disney + ofrece máis contido en catalán

Co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, a plataforma audiovisual incorpora novas películas dobradas en catalán, que sumarán un total de 14 coa estrea de “Jungle Cruise". A Generalitat comunicou que Disney + irá ofrecendo cada vez máis títulos nesta lingua.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Publícase “Nou itineraris: Ruta de les Homilies d’Organyà” sobre os lugares emblemáticos da lingua catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística publica en liña os itinerarios emblemáticos para a configuración do catalán e os lugares onde se fala esta lingua. A información vai dirixida a todas as persoas que queiran coñecer mellor o idioma no seu contexto territorial ou as que se atopen estudándoo e ás entidades que promoven o seu uso.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Rexístrase unha caída nas preinscricións para o modelo de ensinanza en éuscaro en Navarra

Aínda que se rexistrou unha caída no número de preinscricións, debido ao descenso da natalidade que houbo en Navarra no ano 2018, o 76 % do alumnado escolle o modelo D de ensino en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Centros educativos da Comunidade Valenciana reivindican unha maior presenza do valenciano nas aulas

Un total de oito centros educativos concertados non comparten a repartición equitativa das horas para o valenciano e para o castelán exposta na lei do plurilingüismo impulsada pola Consellería de Educación, xa que consideran que, para acadar un verdadeiro plurilingüismo, é necesario vehicular e potenciar a lingua minorizada.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española celebra o seu 10º aniversario

O centro asesor e de referencia en lingua de signos española comezou a súa actividade o día 1 de xuño de 2011 e está xestionado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas, a través dun equipo formado por profesionais xordos e oíntes que teñen sempre en conta a realidade sociolingüística da comunidade signante.

Fonte: Servimedia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder