España
O catedrático de sociolingüística Francesc Xavier Vila será o novo secretario de Política Lingüística
Francesc Xavier Vila, catedrático de sociolingüística da Universidade de Barcelona, será o novo secretario de Política Lingüística. Substituirá á antiga directora xeral, Esther Franquesa, neste departamento que agora elevou o seu rango para converter a diversidade lingüística de Cataluña nun dos eixes principais do Departamento de Cultura.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Dous proxectos relacionados co éuscaro impulsados por Euskarabidea reciben o recoñecemento de boas prácticas do Consello de Europa

O Consello de Europa recoñeceu como exemplos de boas prácticas os proxectos 'HiruKo Ituna' e 'Sarean Euskaraz', seleccionados dentro da convocatoria de 2019, para recoñecer as actividades relacionadas coa aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).
Fonte: 20minutos
Convócase a Bolsa Joan Veny destinada a proxectos que estuden aspectos vinculados coa variación lingüística do catalán
O Instituto Ramon Muntaner convoca a VIII Bolsa Joan Veny cuxo importe é de 6000 euros e que se concede a proxectos que estuden calquera aspecto relacionado coa variación lingüística do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Eskoriatza publica as axudas para a aprendizaxe do éuscaro
O Boletín Oficial de Guipúscoa publicou a convocatoria de subvencións con dúas modalidades: unha para a aprendizaxe do éuscaro e outra para reforzos lingüísticos da poboación de entre 3 e 12 anos.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Irún recorre a sentenza que considera discriminatoria a obrigatoriedade do éuscaro para optar a unha praza de policía local
O Concello de Irún presentou un recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco contra a sentenza que consideraba discriminatoria a obrigatoriedade de saber éuscaro para optar a unha praza na Policía Local.
Fonte: El Diario
O éuscaro, o aragonés e o occitano sentan as bases dunha rede de excelencia lingüística transpirenaica

Varias institucións políticas e académicas levan traballando os últimos tres anos no proxecto transfronteirizo Linguatec, unha cooperación que porá ao servizo do éuscaro, o aragonés e o occitano os últimos avances en intelixencia artificial.
Fonte: Swissinfo
A maioría dos habitantes de Navia-Eo pide que o galego-asturiano teña un trato igualitario
Segundo un estudo da Academia da Lingua Asturiana, un 75 % dos habitantes de Navia-Eo pensa que o galego-asturiano merece o mesmo trato que o catalán, o vasco e o galego.
Fonte: 20 minutos
O Concello de Lazkao elabora o Plan estratéxico do éuscaro 2021-24 coa axuda da cidadanía
O Concello segue traballando na elaboración do seu Plan, que quere completar coa participación das ideas e opinións da cidadanía para que o documento se adapte á realidade actual e ao futuro de Lazkao e dos seus habitantes.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno das Illas Baleares celebra o 25 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos
A Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos organiza un acto de conmemoración dos 25 anos da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, no que se destacou a súa posta en práctica como un dos mellores indicadores de calidade dun sistema democrático.
Fonte: 20 minutos
O Concello de Zumaia convoca novas axudas para a colocación de rótulos en éuscaro

O Concello subvenciona un 50 % do custo dos rótulos en éuscaro para a súa colocación en establecementos comerciais, ata un máximo de 300 euros. Poden ser, entre outros, rótulos exteriores, toldos e adhesivos para os escaparates.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín