España
Publícase o primeiro planisferio do ceo de Euskadi escrito totalmente en éuscaro
A Sociedade de Ciencias Aranzadi e a Fundación Elkano publican o primeiro planisferio celeste de Euskadi escrito completamente en éuscaro, con motivo da celebración do 500 aniversario da primeira volta ao mundo do mariño vasco Juan Sebastián Elcano.
Fonte: Cadena SER
A Generalitat de Cataluña subvencionará plataformas audiovisuais para que incorporen máis contido en catalán

A conselleira de Cultura de Cataluña explica que as subvencións dirixidas a plataformas audiovisuais como Netflix, Rakuten ou Filmin formarán parte das accións do plan nacional para a lingua que prepara a Generalitat co obxectivo de protexer o catalán e adaptar o seu fomento á era dixital.
Fonte: 20 minutos
O programa de ocio en éuscaro 'Aisiz Blai' volve este verán

O programa de ocio que organiza a ludoteca municipal Txantxari de Altsasu volve este verán para seguir reforzando o éuscaro durante as vacacións e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Fonte: Noticias de Navarra
O Instituto de Estudos Eivisencos organiza obradoiros de conversación en catalán para persoas adultas
O Instituto de Estudos Eivisencos levará a cabo os seus obradoiros desde o día 2 ao 31 de agosto coa colaboración do Concello de Eivisa. O seu obxectivo é fomentar o uso social do catalán, sobre todo entre aquelas persoas que xa contan con nocións básicas da lingua pero que aínda non se animan a falala.
Fonte: Periódico de Ibiza
Vila-real acollerá a Nit d’Escola Valenciana de 2021 para celebrar a defensa e o fomento da lingua e da cultura valencianas
A cidade de Vila-real é a elixida este ano para celebrar o evento autonómico da Nit d’Escola Valenciana, que cada ano recoñece as persoas e as entidades que destacan por traballar na defensa e na promoción da lingua e da cultura valencianas.
Fonte: El Periòdic
O Goberno de Aragón convoca dous programas para a difusión do aragonés e do catalán

Os programas “Luzía Dueso” e “Jesús Moncada” van dirixidos aos centros docentes non universitarios da comunidade autónoma durante o curso 2021-2022. O seu obxectivo é ofrecer actividades adaptadas a todas as áreas curriculares para difundir o aragonés e as súas variedades lingüísticas e o catalán que se fala en Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Concello de Oliva e a Universidade de Valencia celebran o 25 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos
Durante o acto institucional de celebración do 25 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, membros da Cátedra de Dereitos Lingüísticos da Universidade de Valencia e do Concello de Oliva mencionaron o fomento do uso das linguas minoritarias e afirmaron a necesidade de seguir traballando para garantir que todas as persoas da sociedade valenciana teñan o dereito a preservar e transmitir a súa lingua familiar.
Fonte: Las Provincias
O Goberno balear crea o premio Aina Moll dotado con 3000 euros para especialistas en lingüística catalá
O premio vai dirixido ao alumnado que presente traballos na próxima edición da Escola de Verán de Lingüística Catalá (EDELC) co obxectivo de fomentar a investigación, recoñecer a figura de Moll como filóloga e lingüista e favorecer a interacción e as colaboracións cos especialistas para crear unha rede de apoio en estudos lingüísticos sobre a lingua catalá.
Fonte: 20 minutos
O Goberno das Illas Baleares impulsa a elaboración dun informe sobre a situación do catalán
A proposta da Comisión Permanente do Consello Social da Lingua Catalá, o Goberno balear impulsa a elaboración dun informe sobre a situación do catalán coa finalidade de determinar os obxectivos cumpridos e os que están pendentes.
Fonte: Última Hora
O Concello de Vitoria destina 50 000 euros para fomentar o coñecemento e o uso do éuscaro
O Concello de Vitoria colabora coa asociación Geu Elkartea nun proxecto de fomento do uso do éuscaro no sector socioeconómico, na mocidade e nos barrios da cidade.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín