España
Publícase material didáctico para fomentar a transmisión familiar do éuscaro no municipio vasco de Bergara

A campaña arrancou en Bergara coa repartición gratuíta da guía ás familias de fillos e fillas de catro e cinco anos. O obxectivo dos servizos municipais é que a transmisión familiar do éuscaro marque o futuro uso lingüístico destes nenos e nenas.
Fonte: El Diario Vasco
O Consell de Mallorca lanza unha nova campaña para dinamizar o uso do catalán nas redes sociais
Esta campaña da Dirección Insular de Política Lingüística consiste en usar gifs en catalán nas historias de 24 horas ou nas mensaxes de Instagram.
Fonte: Diario de Mallorca
A Generalitat de Cataluña publica un decálogo de accións para fomentar o uso do catalán en internet

Con esta iniciativa, a Dirección Xeral de Política Lingüística procura normalizar a presenza do catalán na rede e mostrar que esta lingua contribúe a preservar a riqueza lingüística e o plurilingüismo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Valencia publica a convocatoria de subvencións para implantar o Plan de normalización lingüística de 2021
A Deputación publicou, a través da Unidade de Normalización Lingüística, as subvencións para axudar os municipios cun conxunto de accións e estratexias que teñen como obxectivo promocionar o uso do valenciano.
Fonte: El Económico
Un total de 81 panadarías crea ofertas especiais para os clientes que usen o éuscaro
Panadarías de Oarsoaldea participan na iniciativa que busca dinamizar o uso desta lingua. Desta maneira, os clientes que usen o éuscaro poderán recibir ofertas especiais pensadas para eles.
Fonte: El Diario Vasco
O grupo de traballo Uskara do Plan do Pireneo inicia un proceso para a recuperación dos dialectos do éuscaro
Co obxectivo de lograr a dinamización comarcal, Uskara busca a reflexión e a participación dos habitantes para recuperar e dar visibilidade aos dialectos do éuscaro dos vales pirenaicos.
Fonte: Gobierno de Navarra
Sae á luz o primeiro disco de rap en aragonés
Os Chardins de Shalimar é o nome do primeiro disco publicado en aragonés. Para Krevi Solenco, o seu autor, trátase dun medio de expresión para reivindicar esta lingua e para falar de cuestións sociais.
Fonte: elDiario.es
A Academia Valenciana da Lingua lanza a aplicación de consulta Gramàtic-On
A academia crea unha aplicación para resolver en liña as dúbidas con respecto ao uso do valenciano. Gramàtiques Normatives Valencianes, abreviada como Gramàtic-On, pretende ser unha ferramenta básica para preparar un exame ou redactar algún escrito nesta lingua.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Un novo convenio permitirá continuar coa publicación en catalán de leis e outra normativa no BOE
A Generalitat de Cataluña asinou un convenio co Estado español para a publicación en catalán de leis e outra normativa no BOE, algo que xa se vén facendo desde o ano 1998 e ao que este acordo lle dará continuidade.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Facultade de Ciencias Humanas e da Educación do campus de Huesca realiza unha exposición coas linguas de Aragón como protagonistas
Para celebrar o Día de Aragón, a facultade recupera a exposición ‘Aragón 3L’ sobre a realidade lingüística da Comunidade e ofrece unha visión xeral sobre a situación do castelán, do aragonés e do catalán. Será posible visitala desde o día 26 de abril ata o día 3 de maio, de luns a venres e de 8:30 a 21:00 horas no edificio principal do centro.
Fonte: Radio Huesca
Boletín
Subscríbase ao boletín