España

A campaña “Digues Bon Dia” da Plataforma pola Lingua chega a máis de 700 comercios de Valencia

Un gran número de comercios e postos dos mercados municipais participan na campaña que ten como obxectivo promover o valenciano como a lingua de comunicación nos establecementos comerciais de Valencia. “Digues Bon Dia” anima as persoas que se expresan nesta lingua a comunicarse tamén en valenciano coa xente descoñecida no mundo do comercio.

Fonte: 20 Minutos

Comunidade Valenciana

O Concello de Ordizia convoca subvencións para impulsar e fomentar o éuscaro

O Departamento de Éuscaro do Concello de Ordizia destina 20 000 euros para impulsar a aprendizaxe desta lingua e o seu uso en diferentes ámbitos da vida cotiá, como o socioeconómico, o ocio ou o deporte.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno das Illas Baleares convoca axudas por 225 000 euros para o fomento do catalán

A Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura comunica que estas axudas se distribuirán entre concellos, persoas físicas e asociacións sen ánimo de lucro que levaron a cabo actuacións para fomentar o uso do catalán.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno vasco analiza o gasto público que se destina a apoiar o éuscaro

Ao considerar que a presenza do éuscaro é aínda moi escasa na sociedade, o goberno levará a cabo un estudo durante os próximos seis meses co obxectivo de revisar os investimentos e as accións impulsadas polas deputacións vascas para o fomento desta lingua.

Fonte: El Independiente

País Vasco

Navarra colabora coa Administración do Estado para garantir a atención á cidadanía en éuscaro

A conselleira de Relacións Cidadáns trasladoulle ao secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública a súa disposición para colaborar na aplicación das recomendacións da Carta Europea das Linguas Rexionais co obxectivo de mellorar a atención á cidadanía en éuscaro.

Fonte: Goberno de Navarra

Navarra

A Generalitat promoverá unha lei de dereitos culturais e un pacto pola lingua

A conselleira de Cultura da Generalitat, Natàlia Garriga, impulsará unha lei de dereitos culturais e un pacto nacional pola lingua a través de recursos que aseguren o dereito á creación cultural e o futuro do catalán.

Fonte: Segre

Cataluña

O dicionario Terminologia de ciències de la salut actualízase con novos termos

O Termcat actualiza o dicionario en liña coa incorporación de novos termos do ámbito das doenzas minoritarias, da atención á saúde mental e das adiccións, da medicina nuclear, das alerxias e da covid-19.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno reúnese coas CC. AA. con linguas cooficiais para o seguimento das conclusións acordadas no último Consello de Linguas

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública solicítalles ás comunidades autónomas que designen un membro do seu persoal para impulsar o cumprimento das obrigacións en materia de linguas, como a tradución de documentos, o acceso ás páxinas web nas linguas oficiais ou a atención á cidadanía.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

Demandan que se use o catalán na megafonía do transporte público de Barcelona

Plataforma per la Llengua reclamou a través das súas redes sociais que se use o catalán na megafonía do transporte público da área metropolitana de Barcelona, xa que considera que se vulneran os dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: El Independiente

Cataluña

Os acentos diacríticos da lingua catalá desaparecen definitivamente, agás en 15 palabras

Finalizou o período que concedeu en 2016 o Instituto de Estudos Cataláns para adaptarse á modificación ortográfica pola que se eliminan a maioría dos acentos diacríticos da lingua catalá, agás en 15 das 150 palabras que historicamente levaron este acento.

Fonte: 20minutos

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder