España
O internado Maizpide organiza a 47ª edición de cursos de verán para aprender éuscaro
O alumnado do internado en Lazkao asiste durante dúas semanas aos cursos intensivos impartidos desde 1975 para aprender éuscaro.
Fonte: Deia
Publican unha guía para incluír o catalán nos videoxogos

A guía, que ten o título de Tutorial per afegir el català als videojocs, explica as vantaxes de introducir a lingua catalá nos videoxogos e enviarase a todos os estudos e creadores destes produtos dos territorios de dominio lingüístico catalán, así como a escolas e centros formativos con esta materia.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Critican a nova lei de comunicación audiovisual que prepara o Goberno español porque non ten en conta a diversidade lingüística do país
O sector audiovisual catalán busca protexer a lingua e a cultura catalás e critica que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que prepara o Goberno español non garante a oferta nas linguas cooficiais nin considera investir na produción independente local.
Fonte: Coffeesp
Unha enquisa da Generalitat revela que o 74% dos barceloneses domina o catalán

A última enquisa de usos lingüísticos da poboación realizada en 2018 e impulsada pola Generalitat indica que un total de 1,3 millóns de habitantes de Barcelona entende, coñece, fala e le en catalán.
Fonte: Metrópoli
Constrúese un monumento á lingua vasca no municipio de Lizoáin-Arriasgoiti
O Concello de Lizoáin-Arriasgoiti e o artesán Félix Lizarraga colaboran para homenaxear todas as persoas que traballan por conservar o éuscaro no municipio coa creación da figura dun ferreiro que forxa esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Os estatutos reformados do Club Atlético Osasuna fomentarán o bilingüismo
Os novos estatutos engaden o uso do castelán e do éuscaro como linguas propias do Club Atlético Osasuna, que fomentará e apoiará o seu ensino a todos os empregados ou empregadas e deportistas.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Amurrio impulsa o uso do éuscaro entre a xuventude cun novo programa

Trátase do programa Euskarabide que se porá en marcha a partir de setembro co obxectivo de que os mozos e as mozas participantes se comuniquen en éuscaro durante actividades de ocio e deportivas.
Fonte: Noticias de Álava
Tesla convértese na primeira empresa en incluír o catalán como opción lingüística nos seus vehículos
A empresa estadounidense facilítalles aos seus usuarios a opción de empregar o catalán nos paneis de control e nos manuais dos seus vehículos.
Fonte: Racó Català
Estréase a nova película de D'Artacán en éuscaro

Trátase dunha versión actualizada da serie de televisión D'Artacán y los tres Mosqueperros, producida por Apolo Films en Navarra e que se poderá ver tamén en éuscaro a través do programa de dobraxe Zinema Euskaraz da asociación Zineuskadi.
Fonte: Noticias de Navarra
Un mural en Ordizia reivindica a utilización do éuscaro
A asociación Emaneurre puxo en marcha unha iniciativa para instalar nunha fachada un gran mural de 15 metros de alto e 5 de ancho para chamar a atención e reivindicar a utilización do éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín