España
A Mostra de Venecia proxectará filmes en galego e éuscaro

A edición deste ano da Mostra de Venecia amosará a riqueza lingüística do cine español. Así, proxectarase unha longametraxe filmada en galego, Eles transportan a morte; o éuscaro estará presente por primeira vez grazas á curta Heltzear; e o catalán escoitarase no filme Tres.
Fonte: El País
Anuncian a obra gañadora do concurso do Concello de Castelló para a promoción do valenciano no ámbito multimedia
O corto En la punta de la llengua de Anna Bronchal, que gañou o concurso da Concellería de Plurilingüismo e Fomento do Valenciano do Concello de Castelló, trata a situación dun mozo que se reencontra coa lingua propia, que o acompañou ao longo da súa vida.
Fonte: El Periòdic
A nova lei educativa do Goberno español permite ofertar educación bilingüe aos menores xordos

A lei prevé reforzar a inclusión educativa a través da incorporación das linguas de signos españolas á súa oferta e contribuír á eliminación das barreiras de comunicación para a integración social das persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordocegas.
Fonte: Diario Siglo XXI
O Concello de Tolosa e a asociación Galtzaundi Euskara Elkartea seguirán traballando para promover o uso do éuscaro
As dúas entidades renovan o seu convenio de colaboración para levar a cabo diferentes iniciativas ao longo dun ano que teñen o obxectivo de normalizar o uso do éuscaro.
Fonte: Tolosako Udala
Termcat publica a versión en catalán da norma ISO de continuidade do negocio

A norma recolle a terminoloxía principal da xestión da continuidade do negocio, xa que é unha referencia para que as organizacións poidan actuar con eficacia ante imprevistos que interrompen o seu funcionamento normal.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os ximnasios máis populares de Cataluña incorporan o catalán na súa páxina web
Co obxectivo de cambiar a complicada situación do catalán no ámbito do deporte, Plataforma pola Lingua consegue que os ximnasios máis populares, como Holmes Place, Metropolitan ou YogaOne, incorporen esta lingua na súa páxina web.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O Concello de San Sebastián subvenciona cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas
O Concello concédelles subvencións polo valor de 38 000 euros aos centros de ensino da lingua vasca para que organicen cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas do ano 2021.
Fonte: Diario Vasco
A Obra Cultural Balear denuncia a discriminación do catalán na sanidade
A institución pídelle ao Goberno balear que poña en marcha un plan de choque na sanidade pública para garantir que os usuarios se expresan libremente despois das denuncias xurdidas este verán.
Fonte: Diario de Mallorca
Publícase a quinta versión do dicionario en liña “Aragonario”

A Dirección Xeral de Política Lingüística e Turismo do Goberno de Aragón presenta a actual proposta do dicionario, que conta cun novo deseño da interface, a reprodución vocal de cada termo e a incorporación de 1291 entradas máis na dirección aragonés-castelán.
Fonte: Heraldo
Plataforma pola Lingua reclama ao Concello de Benaguasil a inclusión do valenciano nas súas comunicacións
A organización presentou unha reclamación perante a Oficina de Dereitos Lingüísticos da Generalitat Valenciana e o Concello de Benaguasil para que o consistorio inclúa o valenciano na rotulación urbana, na súa páxina web, redes sociais e canles de información e atención á cidadanía.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Boletín
Subscríbase ao boletín