España
Unha nova publicación orientará o alumnado sobre o uso do móbil na aprendizaxe do catalán para adultos
A Secretaría de Política Lingüística publicou un documento sobre o uso do móbil dentro e fóra das clases de catalán para adultos que ten como obxectivo orientar o alumnado na incorporación destes dispositivos nas dinámicas de aprendizaxe desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O galego, o catalán e o éuscaro poderanse usar sen restricións en toda a actividade parlamentaria da Cámara Alta
JxCAT propuxo unha reforma do Regulamento do Senado para poder usar o galego, o catalán e o éuscaro en toda a actividade parlamentaria, xa que ata agora este emprego só estaba permitido nos debates de mocións no pleno.
Fonte: El Diario
Comeza unha nova edición de “Sarean Euskaraz”, un programa para promover o uso do éuscaro nas TIC

Un total de 750 mozas e mozos participarán na quinta edición do proxecto “Sarean Euskaraz”, impulsado polo Goberno de Navarra para fomentar o emprego do éuscaro no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, e promover a cultura dixital nesta lingua.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Club Atlético Osasuna renova o convenio con AEK dentro do plan de mellora da súa xestión lingüística
Ambas as entidades asinaron un acordo ata 2024 que supón a renovación do convenio, iniciado en 2018, dentro do plan de mellora da xestión lingüística do club.
Fonte: Club Atlético Osasuna
A nova lei estatal do audiovisual exclúe o galego, o catalán e o éuscaro
O novo proxecto da Lei xeral de comunicación audiovisual exclúe o galego, o catalán e o éuscaro nas plataformas como Netflix, HBO ou Amazon Prime. A norma indica que, polo menos, a metade da cota dedicada a obras europeas debe reservarse ao castelán ou ás linguas cooficiais autonómicas, pero non establece unha porcentaxe concreta para estas últimas.
Fonte: Naiz
Preséntase o Consello Consultivo do Aranés
Trátase dun novo órgano consultivo, conformado por seis especialistas, que ten como obxectivo servir de ferramenta para reforzar a política e a planificación lingüística e asesorar ao Goberno de Arán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Estatuto de Autonomía de Galicia proponse como modelo para a oficialidade do asturiano
Na primeira reunión entre os grupos parlamentarios para a reforma do Estatuto de Autonomía do Principado, tratouse a proposta de avanzar cara á oficialidade do asturiano tomando como modelo de redacción o Estatuto de Galicia.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Pasaia pon en marcha unha campaña para animar as persoas que acaban de chegar ao municipio a aprender éuscaro
O Concello de Pasaia organizou unha campaña para sensibilizar as persoas chegadas recentemente desde outros países para que aprendan éuscaro, presentándoo como un elemento para a súa promoción social.
Fonte: El Diario Vasco
O Foro de Empresas de Áraba traballará nos retos para fomentar o éuscaro
Este foro celebra a súa primeira sesión o 23 de setembro, á que lle seguirán outras dúas. Cada empresa deberá identificar os seus retos para impulsar o éuscaro, para logo ver as ferramentas e os recursos existentes para afrontalos e coñecer como os afrontan outras organizacións.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Goberno vasco, deputacións forais e Euskaltzaindia renovan o convenio para o impulso de actividades de investigación e difusión do éuscaro
O Goberno vasco, as deputacións forais e Euskaltzaindia renovaron o convenio marco para o período 2021-2024 co obxectivo de establecer as bases da súa colaboración e formular novos retos en relación coas actividades de investigación e difusión do éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín