España
A Comunidade de Traballo dos Pireneos introduce progresivamente o aragonés no seo da organización

Coa colaboración do Goberno de Aragón, a Comunidade de Traballo dos Pireneos traducirá a súa web ao aragonés, unha lingua que irá introducindo de xeito progresivo no funcionamento da organización.
Fonte: AraInfo
Oviedo acolle unha manifestación para esixir a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano
Unha manifestación percorreu as rúas de Oviedo para esixir a oficialidade do asturiano e o galego-asturiano e que se recoñeza así legalmente o dereito da cidadanía do Principado a usar libremente calquera destas linguas.
Fonte: Galicia Confidencial
Novas ferramentas dixitais facilitarán a conversa das parellas lingüísticas catalás participantes no Voluntariado pola Lingua

A Secretaría de Política Lingüística publicou novas unidades para facilitarlles a conversa ás parellas lingüísticas. A través de novos recursos dixitais, como vídeos, audios ou xogos, búscase promover a interacción de xeito fácil e accesible mediante cualquier dispositivo móbil.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Diario Oficial da Generalitat de Catalunya publica máis dun cento de novos termos
O Diario Oficial da Generalitat de Catalunya do 14 de outubro publicou 125 novos termos cataláns entre os que destacan, polo seu número, os vinculados ás tecnoloxías da información e a comunicación, a xenética e a socioloxía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nace en Amurrio un novo proxecto para promover o éuscaro entre a cativada
Gurasoleku é un proxecto que ten como obxectivo promover o éuscaro e impulsar a transmisión familiar desta lingua nas familias con nenas e nenos de ata 5 anos. Iniciouse en varios centros de ensino de Amurrio, aínda que a idea é ampliar a iniciativa a outros municipios.
Fonte: Noticias de Álava
Preséntase o Observatorio da Calidade Lingüística, unha ferramenta para mellorar o uso do catalán

O Instituto de Estudos Cataláns creou o Observatorio da Calidade Lingüística, un proxecto que ten como obxectivo facer un seguimento e unha avaliación dos usos públicos nas diferentes variedades dialectais do catalán.
Fonte: dBalears
Crean un novo espazo para favorecer a conversa en catalán e crear parellas lingüísticas
A asociación catalá Òmnium Cultural crea 'Tándem cultural', un novo espazo que ten como fin favorecer a conversa en catalán con falantes habituais e crear novas parellas lingüísticas.
Fonte: Gencat
Tres estudantes arxentinas farán unha estadía de dous meses no País Vasco para perfeccionar o seu éuscaro
Tres estudantes arxentinas, Beatriz Etchegaray, Elisabeth Etchegaray e Beatriz Poume, poderán realizar unha estadía de éuscaro en Lazkao (Guipúscoa) grazas ao programa Euskara Munduan de Etxepare Euskal Institutua.
Fonte: Etxepare Euskal Institutua
O Consello Navarro do Éuscaro presenta o II Plan estratéxico do éuscaro

A conselleira de Relacións Cidadás de Navarra, Ana Ollo, e o director do Consello Navarro do Éuscaro, Mikel Arregi, presentaron o borrador do II Plan estatéxico do éuscaro que propón e reforza o amplo acordo social e político arredor desta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
A Consellaría de Educación de Asturias celebra a segunda proba de certificación de lingua asturiana

A Consellaría de Educación do Goberno de Asturias organizou o segundo exame de certificación de lingua asturiana nos niveis B2 e C1 con 476 persoas inscritas.
Fonte: El Comercio
Boletín
Subscríbase ao boletín