España
O Goberno de Navarra organiza cursos de éuscaro e castelán destinados a persoas migrantes
Un total de 200 persoas migrantes asistirá aos cursos de éuscaro e castelán gratuítos organizados polo Goberno de Navarra que teñen como obxectivo converter o coñecemento do idioma nunha ferramenta de inclusión.
Fonte: Gobierno de Navarra
Publícase unha nova unidade de “Fils de conversa”, un recurso dixital para fomentar a interacción e a conversa en catalán
A Generalitat de Catalunya publicou a sexta unidade de “Fils de conversa”, co que xa hai dispoñibles máis de 180 actividades para promover a expresión oral mediante vídeos, audios e xogos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Euskarabidea organiza Gora Gora Fest 2021, un ciclo cultural en éuscaro con actividades dirixidas á infancia e á mocidade

Co gallo do Día Internacional do Éuscaro, Euskarabidea organiza o ciclo cultural Gora Gora Fest 2021 composto por máis de 50 actividades nesta lingua, tanto presenciais como en liña, destinadas principalmente ao público infantil e xuvenil.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de Colunga vota en contra da cooficialidade da lingua asturiana
O Concello de Colunga votou en contra da cooficialidade da lingua asturiana, unha posición que defendían os grupos do PP e Cs.
Fonte: COPE
O Concello de Azpeitia impulsa un proxecto que une diversidade cultural e éuscaro
O Concello de Azpeitia buscar relacionar os habitantes da localidade coas persoas que chegan de fóra usando como punto de unión o éuscaro mediante a creación de parellas lingüísticas para poder reunirse, establecer unha conversa ou practicar o idioma.
Fonte: El Diario Vasco
As Cortes valencianas demandan que se garanta o acceso aos medios de comunicación en catalán en todos os territorios onde se fala
As Cortes Valencianas reclaman a posta en marcha de actuacións que garantan o dereito das persoas que residan nos territorios lingüísticos cataláns a accederen aos medios de comunicación nesta lingua.
Fonte: Levante-EMV
Unha asociación reclama o recoñecemento do galego que se fala na zona occidental de Asturias
Axuntar, colectivo que defende que na zona occidental de Asturias se fala unha variedade do galego, reuniuse co director xeral de Política Lingüística do Principado para trasladarlle as súas propostas respecto á oficialidade das linguas na próxima reforma estatutaria.
Fonte: Nós Diario
A Generalitat de Catalunya impulsará un plan para fomentar o uso do catalán nos centros educativos

O Goberno catalán anunciou a posta en marcha dun plan para a promoción do uso da lingua catalá nos centros educativos, ante o descenso progresivo do seu emprego por parte do alumnado e o profesorado nos últimos quince anos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Navarra porá en marcha medidas para incrementar o consumo de medios de comunicación en éuscaro
O borrador do II Plan estratéxico do éuscaro (2020-2027) inclúe actuacións para promover o seu uso social, entre elas, varias destinadas a aumentar o consumo de medios nesta lingua, como o incremento das axudas, fórmulas de financiamento etc.
Fonte: Diario de Navarra
A Xunta leva o galego por cuarto ano consecutivo ao festival ponferradino Villar de los Mundos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do festival ponferradino Villar de los Mundos, que enfoca a súa IX edición, a cuarta na que colabora a Xunta, na Comunidade galega e no Ano Xacobeo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín