España

Convócase a bolsa Henrike Knörr para impulsar os traballos de investigación sobre o éuscaro en Áraba

A Deputación Foral de Áraba e a Universidade do País Vasco convocan as bolsas Henrike Knörr, que teñen como obxectivo impulsar os estudos sobre o uso do éuscaro neste territorio. 

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

A Deputación de Valencia presenta unha campaña de fomento do valenciano destinada ao comercio local

A campaña de fomento do valenciano 'Som de barri, de ciutat, de botiga i de mercat', dirixida ao comercio local como sector clave no desenvolvemento das cidades, combina os valores de proximidade, calidade e confianza que comparten este tipo de establecementos e a lingua propia.

Fonte: Valencia Plaza

Comunidade Valenciana

A Universidade de Barcelona organiza por primeira vez un curso de aranés

O primeiro curso de aranés impartido pola Universidade de Barcelona completou as 25 prazas que ofertaba para o nivel A1. A intención é ir ampliando progresivamente a oferta de cursos desta lingua ata chegar ao nivel C2 do MCER.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A revista 3Dnassos recibe o Premio Lingua Nacional por mellorar a presenza do catalán no sector dos videoxogos

A revista de videoxogos 3Dnassos resultou o proxecto vencedor do Premio Lingua Nacional deste ano, unha edición á que se presentaron catorce candidaturas de iniciativas que contribúen a estender o uso do catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

As televisións autonómicas À Punt, IB3 e TV3 lanzan unha plataforma dixital para a colaboración lingüística e cultural

Cataluña, Baleares e a Comunidade Valenciana crean unha canle dixital para afianzar os lazos lingüísticos e culturais que as unen. Bon Dia TV convértese así nunha plataforma web para compartir contidos audiovisuais en lingua catalá.

Fonte: El Diario

Xeral

O Goberno vasco e as deputacións forais renovan o convenio para asegurar o funcionamento dos medios de comunicación en éuscaro

Este convenio, que estará en vigor no período 2022-2024, é o segundo deste tipo que asinan as catro institucións e ten como obxectivo consensuar o marco de financiamento dos medios de comunicación integramente en éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Comarca do Alto Gállego edita un vídeo para fomentar o uso do aragonés

Baixo o título Alzemos l'aragonés, o vídeo editado pola área de Política Lingüística da Comarca do Alto Gállego amosa o estado do aragonés na zona e o seu nivel de uso, así como a importancia de conservar esta lingua.

Fonte: Heraldo

Aragón

A asociación ENGINY-era recibe o Premio E-TECH 2021 á mellor xestión en lingua e comunicación nas TIC

A asociación ENGINY-era recibiu de mans do secretario de Política Lingüística o Premio á mellor xestión en lingua e comunicación por un proxecto de fomento do talento e a coeducación en formato virtual.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Propoñen derrogar o actual sistema educativo de modelos lingüísticos e establecer un único modelo de inmersión en éuscaro

Ikastolen Elkartea, entidade que engloba a 111 centros de País Vasco, Navarra e Iparralde, propón derrogar o actual sistema de modelos lingüísticos e establecer un único modelo de inmersión en éuscaro estendendo o método utilizado nas ikastolas ao resto da rede educativa.  

Fonte: El Correo

País Vasco

O lehendakari presenta a Axenda Estratéxica do Éuscaro 2021-2024

A Axenda Estratéxica do Éuscaro 2021-2024 fixa catro obxectivos para aumentar o coñecemento e o uso desta lingua, garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía vasca e reforzar a colaboración interinstitucional en todos os territorios onde se fala.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder