España

O Concello de Huesca convoca o sexto Premio Pedro Lafuente en aragonés

O Premio Pedro Lafuente en aragonés conta con catro categorías: narración curta, para textos cunha extensión de entre 15 e 20 páxinas; poesía, para poemas de entre 100 e 300 versos; zagals, para obras escritas por nenos de entre 3 e 12 anos; e empresa, para negocios que destacan pola súa difusión e defensa da lingua aragonesa.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

O Concello de Andoain pon en marcha unha campaña para fomentar a transmisión do éuscaro

O Concello de Andoain, en colaboración con varios centros de ensino, lanzou a campaña «Ogia ez dadila falta... ezta euskara ere!» coa que pretende animar as familias do municipio a asumir un papel protagonista na transmisión do éuscaro.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Entréganse os certificados Bikain á calidade en xestión lingüística que recoñece o traballo de 27 entidades

O lehendakari, Iñigo Urkullu, fixo entrega do certificado de calidade en xestión lingüística Bikain, que recoñece o labor a prol da normalización do uso do éuscaro das 27 entidades públicas e privadas distinguidas este ano.

Fonte: Deia

País Vasco

Instan o Goberno de Navarra e o Concello de Pamplona a implantar novas escolas infantís co modelo de inmersión en éuscaro

A plataforma HE Gurasoak e un grupo de familias instaron o Goberno navarro e o Concello de Pamplona a implantar as novas escolas infantís de Mendebaldea e Lezkairu co modelo de inmersión en éuscaro.

Fonte: Navarra.com

Navarra

Institucións e entidades catalás e andorranas únense para impulsar o uso do catalán na xustiza

Un total de 18 institucións e entidades catalás e andorranas asinaron un convenio para impulsar o uso do catalán na xustiza mediante a creación de Compendium.cat, un portal de recursos de linguaxe xurídica nesta lingua aberto a todos os profesionais que traballan neste ámbito e á cidadanía en xeral.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Novelda pon en marcha a campaña “Cartes dels Reis d’Orient 2022” para fomentar o uso do valenciano entre os escolares

Ao abeiro desta iniciativa repartiranse cartas dos Reis Magos en papel, acompañadas de material didáctico complementario, e ofrecerase a posibilidade de descargala en internet a través dunha plataforma que contén, ademais, actividades adicionais como xogos e cancións.

Fonte: Ayuntamiento de Novelda

Comunidade Valenciana

O Concello de Oñati aproba unha declaración que destaca a importancia de utilizar o éuscaro en ámbitos non formais

Esta declaración, que leva por título 'Euskarak arnas berri', foi aprobada por unanimidade pola corporación municipal e ten como obxectivos fomentar o uso do éuscaro máis alá dos espazos habituais e apoiar unha práctica moito máis xeneralizada desta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Oviedo aproba unha proposición que rexeita a inclusión da cooficialidade do asturiano na reforma do Estatuto de Autonomía

O pleno do Concello de Oviedo rexeitou, por iniciativa do equipo de goberno, incluír a cooficialidade do asturiano na reforma do Estatuto de Autonomía, actualmente en período de negociacións.

Fonte: EFE

Asturias

Institucións das Illas Baleares establecen un marco de colaboración en materia de normalización da lingua catalá na radio e a televisión públicas do arquipélago

O Goberno balear, a Universidade das Illas Baleares e IB3 asinaron un protocolo de actuación co obxectivo de mellorar os usos lingüísticos na televisión e na radio públicas do arquipélago.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Termcat publica un novo dicionario en liña sobre seguridade alimentaria

Este novo dicionario recolle arredor de 500 termos relacionados coa alimentación, a cadea alimentaria, os sistemas de control, os aditivos, os estudos de dieta etc. Cada entrada inclúe a denominación en catalán e as equivalencias en castelán, francés e inglés, así como unha definición e unhas notas explicativas con información adicional.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder