España

Denuncian que a televisión pública do Principado non emitiu durante o Nadal programación infantil en asturiano

A diferenza do que aconteceu noutras televisións autonómicas de territorios con lingua propia, a do Principado non realizou ningunha emisión de programación infantil en asturiano durante o Nadal.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Concello de Andoain organiza clases de éuscaro para comerciantes e hostaleiros

O Concello de Andoain, en colaboración co euskaltegi AEK, organiza clases semipresenciais de nivel básico de éuscaro destinadas a comerciantes e hostaleiros, que se impartirán entre o 1 de febreiro e o 31 de maio.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Valencia pon en marcha unha campaña para impulsar nas redes sociais os contidos en valenciano

O Concello de Valencia impulsou a campaña «Més que un like», unha nova iniciativa para a promoción do valenciano nas redes sociais, coa que pretende visibilizar os influencers que usan esta lingua nas súas publicacións, para demostrar así que non hai que renunciar a ela para triunfar.

Fonte: 20minutos

Comunidade Valenciana

A Generalitat de Catalunya abre o prazo para formar parte dos censos de entidades de fomento da lingua catalá e da lingua occitana

Xa se abriu o prazo para solicitar a inclusión ou a renovación nos censos de entidades de fomento do catalán e do occitano, que permanecerá aberto ata o 31 de marzo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O número de estudantes que realiza en Navarra a Selectividade en éuscaro incrementouse un 47 % na última década

O alumnado que realizou a EvAU en éuscaro en Navarra aumentou un 47 % en dez anos, ao pasar de 663 a 978 inscritos. Así mesmo, o número de estudantes procedente do modelo D tamén se incrementou o pasado ano, cando supuxo o 26,1 % do total fronte ao 22,7 % de 2011.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Generalitat de Catalunya apoiou en 2021 máis de 2000 contidos audiovisuais en catalán

O Departamento de Cultura outorgou en 2021 axudas para a dobraxe e os subtítulos en catalán de máis de 2000 contidos audiovisuais, dos cales 73 foron filmes para salas de cine.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Deputación Foral de Áraba convoca axudas para programas de socialización a través do éuscaro

A Deputación destinará 180 000 euros ás cuadrillas e aos concellos para que desenvolvan programas de socialización en éuscaro, que promovan o uso desta lingua como vehículo de comunicación.

Fonte: Radio Llodio

País Vasco

O Goberno da Generalitat de Cataluña garantiralle amparo xurídico ao profesorado que preserve o catalán nas escolas

O Goberno catalán comprométese a garantirlles protección xurídica aos docentes dos centros educativos de Cataluña que preserven o modelo de inmersión lingüística.

Fonte: El País

Cataluña

A Real Academia da Lingua Vasca incorpora novos textos ao seu proxecto de dereito lingüístico en éuscaro

A terceira edición do proxecto Hizkuntza-zuzenbidea. Testu-bilduma euskaraz (Dereito lingüístico. Compendio de textos en éuscaro), que arrincou en 2007 e que se dixitalizou en 2019, incorpora 692 novos documentos.

Fonte: Alerta

País Vasco

A Deputación de Biscaia convoca axudas destinadas á promoción, difusión e normalización do éuscaro

A Deputación Foral de Biscaia destinará 3 270 000 euros a cinco liñas de subvencións co obxectivo de fomentar, difundir e normalizar o emprego do éuscaro en diferentes ámbitos.  

Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder