España

O Grupo Bonpreu súmase á campaña de apoio ao audiovisual en catalán a través do arredondamento solidario

Os supermercados Bonpreu i Esclat aplicarán durante o mes de xaneiro o arredondamento solidario, que se destinará á campaña para fomentar o catalán nas plataformas audiovisuais Netflix, Disney+, HBO, Amazon Prime Video ou Rakuten TV.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Cataluña

Publícase unha guía en varias linguas para dar a coñecer a situación do catalán no resto do mundo

Plataforma per la Llengua editou unha guía en inglés, francés e alemán para dar a coñecer a realidade lingüística do catalán. A publicación enviarase a máis de 240 puntos de todo o mundo, entre os que figuran universidades, delegacións catalás no estranxeiro ou entidades internacionais.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

Quince entidades reciben apoio económico do Concello de Pamplona para a realización de proxectos de promoción do éuscaro

Quince entidades sen ánimo de lucro desenvolveron 28 proxectos de promoción do éuscaro que recibirán un total de 90 000 euros do Concello de Pamplona.

Fonte: Navarra Televisión

Navarra

O Concello de Elgoibar organiza un curso de éuscaro destinado ás persoas que levan pouco tempo residindo en Euskadi

O Concello de Elgoibar organiza un curso especial de éuscaro de 60 horas de duración, denominado AISA, para que as persoas que levan pouco tempo no País Vasco aprendan esta lingua.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A multinacional Ikea diríxese á súa clientela en asturiano nunha publicidade da súa tenda en Asturias

Ikea volve escoller a lingua asturiana para se dirixir á súa clientela. Esta vez a multinacional empregou a lingua vernácula nunha publicidade da súa tenda de Siero, Asturias.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

As Festas de Castelló terán o valenciano como lingua oficial

O consello reitor do padroado municipal das Festas de Castelló de la Plana aprobaron os novos estatutos nos que se contempla que o valenciano sexa a lingua oficial.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

Un acordo con empresas do sector permitirá ampliar a oferta de xoguetes en catalán

Un acordo entre o Consorcio pola Normalización Lingüística e as empresas Abacus e Juguettos permitirá ampliar a oferta de xogos e xoguetes en lingua catalá para este nadal. O acordo realizouse no marco do convenio "E ti, xogas en catalán?".

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publican un libro cos primeiros versos escritos en lingua aragonesa

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Aragón publicou Trovando en aragonés en la corte de los Reyes de Aragón, un manuscrito cos primeiros versos coñecidos en aragonés.

Fuente: El Periódico de Aragón

 

Aragón

Seis de cada dez compañías de seguros e mutuas que operan en Cataluña teñen a súa web en catalán

O número de compañías de seguros e mutuas que teñen a súa web dispoñible en catalán pasou do 45 ao 60 %, o que supón un incremento notable, tendo en conta o importante peso económico deste tipo de empresas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Instituto Cervantes comprométese co ensino das linguas cooficiais

O Instituto Cervantes comprometeuse coa promoción das linguas cooficiais de España, co avance na dixitalización e coa súa implantación en novos países, segundo avanzou o seu director nunha rolda de prensa na que fixo alusión aos retos desta institución.  

Fonte: Instituto Cervantes

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder