España

Un dos obxectivos dos próximos anos do Goberno vasco será incorporar o éuscaro ás actividades que a mocidade desenvolve fóra da aula

A incorporación do éuscaro ás actividades que realiza a mocidade fóra das aulas será un dos obxectivos da política lingüística do Goberno vasco para os vindeiros anos, segundo sinalou o conselleiro Bingen Zupiria.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Concello de Lazkao publica un dicionario básico plurilingüe para fomentar o coñecemento do éuscaro

Este dicionario plurilingüe, que contén palabras de uso cotián, combina o éuscaro, o castelán, o galego, o catalán, o inglés, o francés, o árabe e o romanés.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A xustiza anula o Plan do éuscaro do Condado de Treviño

Un xulgado de Burgos anulou o Plan do éuscaro do Condado de Treviño, despois da impugnación da Junta de Castela e León, por considerar que non existe base legal para a súa declaración como lingua oficial desta comunidade ao non aparecer recollida no Estatuto de Autonomía.

Fonte: Diario de Burgos

Castela e León

O Goberno balear pon en marcha unha mostra de videoxogos e obradoiros de xogos de mesa en catalán

O Goberno das illas Baleares, ao abeiro da campaña «I tu, jugues en català?», organiza unha mostra de videoxogos e obradoiros de xogos de mesa para dar a coñecer e promover o uso e o consumo destes produtos en lingua catalá.  

Fonte: La Región Internacional

Illas Baleares

Case mil persoas participaron ao longo das seis edicións do voluntariado lingüístico organizado polo Concello de Valencia

Un total de 908 persoas participaron no Voluntariado polo Valenciano desde que se iniciou a iniciativa no ano 2016. Nesta última edición xuntáronse 25 voluntarios e 43 aprendices que formaron parellas lingüísticas para practicar valenciano ao longo de dúas semanas.

Fonte: 20minutos

Comunidade Valenciana

As contas do Principado dedícanlle o 0,04 % á promoción da lingua asturiana

A partida dos orzamentos do Principado de Asturias dedicada á promoción do asturiano para 2022 sobe a 2 205 441 euros, o que continúa representando o 0,04 % do total das contas.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Vitoria-Gasteiz acolle un foro no que empresas do territorio expoñen as súas experiencias sobre a integración do éuscaro no traballo

'Arabako Enpresen Foroa', que chega á súa terceira edición, ten como obxectivo que as empresas compartan a súa experiencia coa integración do éuscaro no seu día a día, mediante a exposición de exemplos para a incorporación desta lingua ao traballo.

Fonte: El Diario

País Vasco

As principais institucións vascas acordan unha declaración conxunta co gallo do Día Internacional do Éuscaro

O Goberno vasco, as tres deputacións forais vascas, os concellos de Vitoria-Gasteiz, Bilbao e San Sebastián, EUDEL e UEMA acordaron unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Éuscaro, que se celebra o 3 de decembro, na que destacan a necesidade de gañar espazos para o uso desta lingua en ámbitos informais.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Oñati organiza unha campaña na que premiará as compras en éuscaro

Sortearanse seis premios de 100 euros entre comerciantes e cidadáns que realicen as súas compras en éuscaro nos vindeiros días, para o cal deberán enviarse fotos do vendedor e o comprador por Whatsapp antes do 10 de decembro.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A Real Academia Española e Microsoft asinan un acordo para promover un uso correcto do español no universo dixital

Este acordo ten como obxectivos fomentar un uso correcto do español na intelixencia artificial e garantir a unidade desta lingua con todas as súas variedades. A iniciativa enmárcase no proxecto LEIA que naceu para normativizar o bo uso do idioma nas máquinas.

Fonte: Real Academia Española

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder