España

Un terzo dos títulos publicados no País Vasco edítase en éuscaro

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, un de cada tres títulos publicados no País Vasco editouse en éuscaro. Case unha cuarta parte destes edítase fóra de Euskadi, principalmente en Madrid, e un 23 % son libros de texto.

Fonte: Deia

País Vasco

Duplícase nun ano o número de xogos dispoñibles na base de videoxogos en catalán

A base de datos interactiva de videoxogos en catalán VDJOC duplicou nun ano o número de xogos, ao alcanzar a cifra de 109. Grazas a un buscador é posible facer consultas a través dun filtro polas categorías nas que se agrupan (acción-aventura, deportes, estratexia, infantís, musicais, terror etc.).

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Valencia distribúe entre os mercados municipais carteis cos nomes dos alimentos en lingua de signos

Os mercados municipais valencianos disporán de carteis cos nomes dos alimentos en lingua de signos, ao abeiro dunha campaña impulsada desde o concello en colaboración coa Generalitat e a Federación de Persoas Xordas desta comunidade.  

Fonte: 20minutos

Comunidade Valenciana

«Negacionisme» é a palabra catalá escollida como neoloxismo do ano

A palabra catalá escollida como neoloxismo do ano é negacionisme, polo que pronto podería aparecer no Diccionari de la llengua catalana.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Plan Estratéxico do Éuscaro (2020-2027) consegue o informe favorable do Consello Navarro do Éuscaro

O Consello Navarro do Éuscaro emitiu un informe favorable a este plan, resultado dunha ampla participación técnica e cidadá e que constitúe a folla de ruta da política lingüística do Goberno de Navarra.  

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Prospera no Senado unha emenda a prol das linguas minoritarias do Estado

O Senado votou maioritariamente a prol de incluír unha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado de 2022 relativa á promoción e á difusión das linguas protexidas pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias por un importe de 1,6 millóns de euros.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

O Concello de Vitoria-Gasteiz organiza unha campaña para fomentar o uso do éuscaro entre a mocidade

Preténdese, través da canción Bizi euskaraz, bizi harro, interpretada por Kai Nakai, animar a xente nova a falar en éuscaro sen complexos. A campaña difundirase a través das redes sociais máis populares entre este colectivo.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

Unha nova web recollerá máis de 3000 libros e documentos nas linguas de Aragón

O Goberno de Aragón presentou a Biblioteca Virtual do Aragonés (BIVIRA), que recompila máis de 3000 libros e documentos en aragonés e en catalán. O obxectivo desta iniciativa é concentrar nun único punto unha parte moi importante da cultura da comunidade expresada nestas linguas.

Fonte: Heraldo

Aragón

Barcelona acolle unha manifestación en defensa da inmersión lingüística en catalán no sistema educativo

Miles de manifestantes esixiron o respecto ao modelo de inmersión lingüística de Cataluña e mostraron o seu rexeitamento á sentenza do Tribunal Supremo que obriga aos centros educativos a impartir un mínimo do 25 % das clases castelán.

Fonte: El País

Cataluña

A Universidade Pública de Navarra aproba o seu Plan director das ensinanzas en éuscaro 2021-2024

O novo Plan director das ensinanzas en éuscaro 2021-2024 inclúe como novidade a aposta por distintos obxectivos específicos en función dos graos e arredor de catro eixes de actuación: docencia, profesorado, materiais docentes e formación.

Fonte: Naiz

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder