España

O Concello de Donostia abre o prazo para inscribirse nos cursos de éuscaro dirixidos a profesionais do comercio e a hostalería

O Concello de Donostia, en colaboración con asociacións e entidades vinculadas ao comercio e á hostalería, organiza cursos de éuscaro, de 60 horas de duración, dirixidos aos profesionais destes dous sectores co obxectivo de mellorar a atención á clientela euscalduna.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Jaca acolle a sinatura dun convenio de colaboración para promover ferramentas tecnolóxicas para o éuscaro, o aragonés e o occitano

As universidades de Zaragoza, Pau, País Vasco e Pública de Navarra, e a fundación Elhuyar asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar as ferramentas e as aplicacións tecnolóxicas desenvolvidas ao abeiro do proxecto Linguatec para o aragonés, o éuscaro e o occitano.  

Fonte: Universidad del País Vasco

Aragón

Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana apostan por reforzar o uso social do catalán

Catalunya Ràdio organizou unha mesa redonda sobre lingua na que participaron representantes dos gobernos de Galicia, País Vasco, Baleares, Comunidade Valenciana e Cataluña. As tres últimas apostan por formar unha fronte común para fomentar o uso do catalán, mentres que as dúas primeiras celebran a consolidación do galego e o éuscaro, respectivamente.  

Fonte: Valencia Plaza

Xeral

A Generalitat de Cataluña ten dous meses para aplicar a sentenza que obriga a impartir o 25 % das clases en castelán

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña declarou firme a sentenza que obriga a impartir un 25 % de clases en castelán nos centros de ensino, polo que a Generalitat deberá, nun prazo de dous meses, executala de forma voluntaria.

Fonte: El País

Cataluña

O Concello de Nules organiza unha nova campaña de promoción do valenciano nas rebaixas

O Concello de Nules puxo en marcha unha campaña de fomento do valenciano coa repartición de carteis e etiquetas nesta lingua entre o comercio local para a época de rebaixas.  

Fonte: Castellón Diario

Comunidade Valenciana

Piden que se traduzan ao éuscaro todos os trámites de administración electrónica en Navarra

A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos demandan que se traduzan ao éuscaro todos os trámites de administración electrónica en Navarra, xa que só o 23,29 % deles se pode realizar nesta lingua, unha porcentaxe que se reduce aínda máis nos concellos e as entidades locais, onde alcanza o 2,57 %.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Publícase un informe que revela que a mocidade catalá consome máis televisión en castelán

O observatorio Media.cat publica un relatorio que revela que a canle de contidos en catalán TV3 está a perder influencia entre a mocidade catalá e que cada vez máis rapazada consome televisión en lingua castelá.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Un catedrático da Universidade de Oviedo lanza unha proposta sobre a oficialidade do galego en Asturias

O catedrático de dereito constitucional, Miguel Ángel Presno Linera, propón, con motivo da reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias, que o galego-asturiano sexa recoñecido como lingua propia do territorio comprendido entre os ríos Eo e Navia e como lingua oficial de toda a comunidade autónoma.

Fonte: Xornal da Mariña

Asturias

O Bierzo volve demandar a oficialidade do galego co gallo das eleccións autonómicas

O Colectivo Fala Ceibe do Bierzo, organización que defende o galego en Castela e León, demandou, co gallo das eleccións autonómicas, unha reforma do estatuto da comunidade autónoma que inclúa a oficialidade do galego e a inclusión desta lingua no currículo de todas as escolas do Bierzo occidental.

Fonte: Lugo Xornal

Castela e León

O sindicato CCOO e Podemos coinciden na necesidade de crear a especialidade docente de lingua asturiana

A Federación de Ensino de CCOO aproveitou a súa xuntanza coa nova cúpula do partido Podemos en Asturias para demandar a necesidade de crear a especialidade docente de lingua asturiana.

Fonte: Europa Press

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder