España

As Cortes Valencianas mostran o seu apoio á diversidade lingüística europea

A Comisión de Asuntos Europeos aprobou unha proposición non de lei que, en liña coa Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, recoñece a riqueza da diversidade lingüística e cultural no seo da Unión Europea.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

Ponse en marcha unha campaña para animar a poboación a participar na construción dun corpus lingüístico para que a tecnoloxía fale catalán

O Goberno de Cataluña organiza, ao abeiro do proxecto Aina, a campaña “La nostra llengua és la teva veu”, que ten como obxectivo a construción dun gran corpus lingüístico do catalán para incorporar a calquera iniciativa dixital. Para iso pide a colaboración cidadá, xa que cómpre obter múltiples formas de falar en catalán en diferentes tons, por persoas de distintas idades e sexos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A industria da lingua supón en Asturias o 5 % do valor engadido bruto

Segundo un estudo da Universidade de Oviedo, o mercado e a industria da lingua en Asturias supón o 5 % do valor engadido bruto (VAB) e o 7,3 % do emprego, un peso económico semellante ao da produción de enerxía ou a construción.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Publícase un vocabulario básico en éuscaro sobre o cambio climático

A Real Academia da Lingua Vasca publicou Klima-aldaketaren oinarrizko lexikoa, un vocabulario básico sobre o cambio climático que inclúe 25 termos en éuscaro que se foron incorporando progresivamente á linguaxe cotiá.

Fonte: Deia

País Vasco

Òmnium Cultural e a Cámara de Barcelona asinan un acordo para impulsar o catalán no ámbito empresarial

Òmnium Cultural e a Cámara de Comercio de Barcelona asinaron un convenio de colaboración no que se comprometen a fomentar o uso do catalán no ámbito empresarial e entre o tecido produtivo.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Unha universidade de Cataluña organiza un concurso de vídeos en galego, catalán, éuscaro e castelán

A Universitat Oberta de Catalunya organiza un certame de vídeos que ten como obxectivo animar as mulleres a estudar carreiras STEM. O concurso, que conta con tres categorías (dúas para escolares e unha para adultos), permite presentar pezas en castelán, catalán, éuscaro ou galego.

Fonte: Galicia Confidencial

Cataluña

A Rioxa Arabesa terá a súa propia carreira en defensa do éuscaro

Tras coñecerse que a 22ª edición da Korrika non vai pasar por esta comarca, na Rioxa Arabesa decidiron organizar a súa propia carreira en defensa do éuscaro, que se levará a cabo o 9 de abril e que atravesará varios municipios como Viana, Labastida ou Laguardia.

Fonte: La Rioja

País Vasco

O Concello de Donostia subvencionará os rótulos en éuscaro nos establecementos comerciais e hostaleiros

O Concello de Donostia considera fundamental euscaldunizar a paisaxe lingüística do comercio e a hostalería, polo que vai destinar 10 000 euros no ano 2022 para os rótulos externos e internos destes establecementos.

Fonte: Ayuntamiento de Donostia

País Vasco

Segundo unha enquisa, tres de cada catro cataláns defenden a inmersión lingüística

A última enquisa do Centro de Estudos de Opinión da Generalitat mostra que a inmersión lingüística no sistema educativo conta cun importante apoio da poboación catalá, xa que o 76 % defende este modelo.

Fonte: Públic

Cataluña

Remítenlle unha carta ao Ministerio de Cultura para denunciar a discriminación do leonés

A Asociación Cultural Faceira denuncia que as partidas económicas dos Orzamentos Xerais do Estado destinadas á promoción das linguas protexidas pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias discriminan a promoción do leonés e o galego en Castela e León.

Fonte: León Noticias

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder