España
Os responsables de Política Lingüística de Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana demandan un investimento igualitario en todas as linguas oficiais
Os responsables de Política Lingüística dos gobernos valenciano, catalán e balear reuníronse en Valencia no marco da Declaración de Palma para valorar o proxecto estatal ‘Nueva economía de la lengua’ que só reserva o 2,7 % do total de fondo ás linguas oficiais diferentes ao castelán.
Fonte: Govern Illes Balears
Alumnado dun obradoiro de rap en Manacor recupera palabras en desuso da lingua catalá
O alumnado do obradoiro de rap organizado pola Escola de Mallorquí de Manacor realizou seis vídeos nos que recuperan palabras en desuso do catalán.
Fonte: Última Hora
O Bierzo celebra o seu día dedicado á lingua galega

Como cada 9 de marzo, o Bierzo celebra o seu día da lingua galega, unha data que coincide co nacemento de frei Martín Sarmiento en 1795, erudito relixioso que dignificou este idioma e defendeu o seu ensino entre a mocidade.
Fonte: Lugo Xornal
O Goberno de Navarra renova o seu convenio con Topagunea para impulsar o uso social do éuscaro

Este convenio de colaboración, dotado con 145 000 euros, está destinado á celebración de Euskaraldia 2022 en Navarra, que este ano terá como lema “Hitzez ekiteko garaia” (tempo de actuar coa palabra). A iniciativa ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro e promover actitudes positivas cara a esta lingua a través de diferentes actividades de sensibilización.
Fonte: Gobierno de Navarra
A Generalitat de Cataluña publica a última unidade de «Fils de conversa», un recurso para promover a conversa en catalán
«Fils de conversa» é un recurso dixital que ten como obxectivo promover a conversa en catalán de forma lúdica. Con esta nova unidade xa están dispoñibles máis de 300 actividades para estimular a expresión oral a través de vídeos, audios e imaxes.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco abre a convocatoria de bolsas para a realización de traballos de investigación en materia de éuscaro e igualdade de xénero
A convocatoria de bolsas Berdintzen está dirixida á realización de traballos de investigación en materia de éuscaro e igualdade de xénero en 2022, para o que se destinarán 30 000 euros.
Fonte: Gobierno Vasco
Doce queixas no último ano denuncian a discriminación do valenciano no ámbito sanitario
A Plataforma per la Llengua recibiu doce queixas no último ano pola discriminación do valenciano no ámbito sanitario, a maioría delas debidas a actuacións de profesionais e outras, pola ausencia desta lingua nas comunicacións da Administración.
Fonte: 20minutos
Créase un “Tinder en éuscaro” co obxectivo de formar unha comunidade nesta lingua para coñecer xente
O espazo EginTril ten como obxectivo crear unha comunidade integramente en éuscaro, un 'Tinder vasco' pero que, a diferenza desta app de citas, non será unha a aplicación móbil, senón un Space de Twitter.
Fonte: El Diario
Preséntase no Parlamento vasco a Axenda Estratéxica do Éuscaro 2021-2024

A Axenda Estratéxica do Éuscaro 2021-2024 é o documento que define as liñas de traballo e os obxectivos estratéxicos da política lingüística do Goberno vasco para esta lexislatura. Con este proxecto preténdese seguir incrementando o coñecemento e o uso desta lingua, garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e reforzar a colaboración interinstitucional en todos os territorios onde se fala.
Fonte: Gobierno Vasco
Euskarabidea desenvolve tres proxectos de publicación de novos contidos dixitais en éuscaro

Os tres proxectos de contidos dixitais en éuscaro consisten en dous podcast (de 26 capítulos cada un, cun total de 52 audios), que tratan a historia deste idioma en Navarra; sete vídeos para público infantil e familiar; e a renovación do convenio para a promoción de contidos na Wikipedia nesta lingua.
Fonte: Gobierno de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín