España

A reforma da Lei de política lingüística de Cataluña recoñece o castelán como lingua vehicular no sistema educativo

Rexistrouse no Parlamento unha proposición non de lei para modificar a Lei de política lingüística, de maneira que se admite o castelán como lingua vehicular, xunto co catalán, no ensino e que ambas estean presentes no currículo e nos proxectos lingüísticos dos centros educativos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

As conselleiras de Educación e de Cultura do Principado demandan en Madrid a creación da especialidade docente de asturiano

Solicitaranlles nunha reunión á ministra de Educación e Formación Profesional e ao secretario de Estado de Educación a aprobación da Especialidade Docente para o profesorado de Asturiano.

Fonte: Onda Cero

Asturias

Preséntase o proxecto INGURA para a euscaldunización de persoas adultas

O instituto HABE iniciou un novo proxecto, INGURA, un contorno dixital para a euscaldunización de persoas adultas, a través do que ofrecerá un método en liña para que poidan aprender éuscaro de forma guiada en calquera momento e calquera lugar.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Denuncian que o Goberno de Navarra non garante suficientemente os dereitos lingüísticos da cidadanía

Hizkuntz Eskubideen Behatokia (Observatorio de Dereitos Lingüísticos) presentou unha análise do persoal dos diferentes departamentos do Goberno de Navarra na que conclúe que na maioría deles o número de postos bilingües non chega ao 3 %.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O achado de 150 textos teatrais permite coñecer o aragonés do século XIX

O escritor Oscar Latas Alegre vén de publicar nun libro a súa investigación baseada no achado de 14 pastoradas, un xénero teatral desaparecido, no que recolle 150 textos orixinais datados entre  1814 e 1933 que permiten coñecer non só o aragonés decimonónico, senón tamén a súa castelanización e perda.

Fonte: El Diario

Aragón

O Goberno balear convoca axudas para fomentar o uso do catalán no arquipélago

Esta nova convocatoria de axudas para fomentar o uso do catalán conta cunha partida orzamentaria de 325 000 euros, un 45 % máis respecto ao ano anterior. Están destinadas a concellos e persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo actuacións de promoción desta lingua.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

Segundo un estudo, o catalán úsase no 60 % da xornada escolar

Segundo a enquisa realizada polo Síndic de Greuges entre máis de 50 000 estudantes de primaria e secundaria de máis de 1500 centros, o emprego do catalán nas aulas sitúase arredor do 60 %, mentres que o do castelán rolda o 33 %.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno de Navarra impartirá cursos de alto nivel en éuscaro

O Goberno de Navarra subscribiu un convenio de colaboración coa Universidade Vasca de Verán, por un importe de case 30 000 euros, para o financiamento de actividades formativas en éuscaro de temática variada e de alta calidade.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

O uso do éuscaro descende nos municipios máis euscaldúns

Segundo a medición realizada pola Mancomunidade de Municipios Euscaldúns, Uema, e o Clúster de Sociolingüística en 2021, nos concellos co 80 % da poboación falante de éuscaro o emprego desta lingua descende.  

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O acordo do Goberno vasco con Movistar+ permitiu a subtitulación ao éuscaro de 1600 películas e 2359 capítulos de 265 series

Movistar+ ofreceu arredor de 1600 películas e 2359 capítulos de 265 series con subtítulos en éuscaro, segundo os datos ofrecidos ao Parlamento vasco, no marco do convenio con esta plataforma de televisión dixital. O obxectivo do acordo é fomentar a presenza desta lingua, así como a creación de contidos e o seu uso no contorno dixital.

Fonte: El Diario

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder