España
Concellos e asesorías da comarca de Lea-Artibai animan a cidadanía a realizar a declaración da renda en éuscaro
Preténdese así animar a cidadanía a relacionarse coa Administración en éuscaro, xa que, malia que nos últimos anos se incrementou o número de persoas que fan a declaración da renda nesta lingua, existe marxe de mellora tendo en conta a realidade sociolingüística da comarca.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Vitoria-Gasteiz convoca subvencións para proxectos de promoción do uso do éuscaro
A Xunta de Goberno Local aprobou destinar 96 000 euros á convocatoria de axudas para proxectos de promoción do éuscaro en ámbitos como o lecer, o deporte e os medios de comunicación locais.
A radiotelevisión IB3 aplicaralle un desconto á publicidade en catalán
IB3, a radiotelevisión autonómica das Illas Baleares, cobrará máis barata a publicidade que se faga en catalán, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a realización de anuncios nesta lingua, principalmente, os destinados ao público máis novo.
Fonte: Diario de Mallorca
Os sindicatos demandan unha solución para o persoal interino da Administración vasca que non acreditou o perfil lingüístico esixido
A consolidación de persoal interino, que ten como obxectivo reducir a temporalidade na Administración vasca (que alcanza o 40 %), deixou ao descuberto a realidade dalgúns traballadores e traballadoras que non poden acreditar o perfil lingüístico esixido para o seu posto.
Fonte: Cadena SER
Finaliza en Donostia a 22 edición da Korrika, a carreira a favor do éuscaro
A cidade de Donostia-San Sebastián acolleu o final da Korrika, a carreira a prol do éuscaro que chegou á cidade vasca tras percorrer 2500 quilómetros por diferentes puntos de toda Euskal Herria.
Fonte: SER
A maioría da poboación catalá prefire a dobraxe de películas ou series

Unha enquisa do Centro de Estudos de Opinión mostra que, entre a dobraxe ao catalán ou ao castelán e o subtitulado en catalán ou castelán, un 62 % da poboación de Cataluña prefire a dobraxe de películas ou series.
Fonte: La Vanguardia
Inditex e a RAE colaborarán na creación do dicionario histórico do castelán
Coa sinatura do convenio de colaboración para redactar o Diccionario histórico de la lengua española (DHLE), comeza unha nova etapa deste proxecto que contará co traballo de investigación de expertos na historia da lingua.
Fonte: Galicia Confidencial
As Tanxugueiras reciben a distinción de Embaixadoras da Lingua Asturiana

A organización Iniciativa pol Asturianu entregoulles en Mieres ás Tanxugueiras a distinción de Embaixadoras da Lingua Asturiana. O trío galego, ademais, mostrou o seu apoio á oficialidade durante a celebración dun concerto.
Fonte: Asturies.com
Preséntase Compendium.cat, un portal de referencia de linguaxe xurídica catalá

Compendium.cat, o novo portal xurídico catalán, é unha ferramenta gratuíta e fácil de usar. Pretende contribuír á normalización do uso da lingua catalá no ámbito da xustiza e converterse en referente da linguaxe xurídica.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Aragón adapta á lingua aragonesa os contidos do portal de pictogramas de Arasaac
A páxina web de Arasaac, o Centro Aragonés para a Comunicación Aumentativa e Alternativa, contén máis de 12 500 pictogramas traducidos ou en proceso de tradución a 25 linguas, que, na actualidade, se está a traducir a oito máis
Fonte: Heraldo
Boletín
Subscríbase ao boletín